XORNADA CONTACONTOS

O martes, 24 de maio, todo o alumnado do colexio gozou dunha sesión de contacontos a cargo das Tres Xemelgas e a Bruxa Aburrida.


Pola mañá o conto escollido foi o da Cebra Camila para Infantil, 1º e 2º ciclo de primaria.


Pola tarde o alumnado de 5º e 6º deron A volta ó mundo en 80 días.


Os/as alumnos/as participaron tamén, non só escoitaron, xa que eran contos interactivos.