ENTROIDO 2011

¡ Por fin chegou o entroido! Aquí no cole celebrámolo cun gran desfile.


Para crear ambiente colocamos na entrada do colexio a MECA "FADA MADRIÑA", a cal nos concedería un desexo se lle metiamos no peto 20 céntimos.


                 


A temática do desfile foi a dos contos infantís. En  Infantil os contos elixidos foron 101 dálmatas, Alicia no país das marabillas e Bob Esponxa. En Primaria elixiron  Os Mosqueteiros, Mickey e Minnie, Os Picapedra, O frautista de Hamelin e os  Faraóns.


Todo o festexo estivo amenizado pola Bruxa Aburrida e as tres Xemelgas. Estas últimas, por mandato da bruxa, ían percorrendo todos os contos e desfilando cos seus personaxes.