CONMEMORAMOS O DÍA DA PAZ

Durante estes días tanto os/as usuarios/as da biblioteca coma as titoras/es tiveron á súa disposición  lecturas recomendadas.

Na entrada do colexio estivo a exposición de fotos :"Un 30 de xaneiro para todos e todas" e a representación do poema "Mar soñado" de J.C. Martín Ramos que contextualiza á perfección o tema a tratar. O alumnado de 5º e 6º púxolle título ás diferentes láminas fotográficas.

Os futuros voluntarios/as de biblio de 4º acompañados por dúas voluntarias de 6º explicaron por megafonía  a exposición  de fotos  e  que se celebra o 30 de xaneiro e por que.

Desde o blog de biblio colgáronse enlaces para traballar nas aulas.

Todo o cole participou realizando o mural que acompañou a interpretación da canción  da paz deste ano.