25 novembro: Educando pola igualdade

Desta vez, a actividade SOMOS CONTACONTOS xirou en torno á data do 25 de novembro.
O alumnado voluntario de 6ºB preparou a dramatización do conto de Adelan Turín: Rosa caramelo.
Na biblioteca ou no salón de actos tódolos nenos e nenas escoitaron o conto con moita atención e quedoulles claro que non hai cores de nenos e cores de nenas, as cores son de todos.
O vídeo está colgado no noso canal de Youtube.