Skip to Content

MATERIAL AULA

Estimadas familias a continuación deixámosvos os listado do material de aula solicitado polos/as titores/as.

Non aparece o de 4º de Educación Infantil (3 anos), porque xa foi entregado pola titora.

Premendo en cada aula levaravos ao documento co material:

 

EDUCACIÓN INFANTIL:

- 5º ED. INF. (4 ANOS)

- 6º ED. INF. (5 ANOS)

                                                                                                                      

EDUCACIÓN PRIMARIA:

1º ED. PRIM.

2º ED. PRIM.

3º ED. PRIM.

NORMAS DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO

Estimadas familias.

 

Agradecervos a vosa presenza ás reunións de hoxe; agardamos que servisen para aclaran algunha dúbida e axudarvos para comezar o novo curso.

 

Premendo no seguinte imaxe teredes toda a presentación.

 

 

 

PRESENTACIÓN CURSO 2021-2022

 

Prezadas familias.

 

Convocámosvos a unha reunión-presentación do curso escolar 2021-2022 o vindeiro LUNS 6 DE SETEMBRO  no paraninfo do rectorado da Universidade, co seguinte horario:

- Educación Infantil ás 10:30 horas.

- Educación Primaria ás 12 horas.

 

Pregamos que:

- Acuda só un membro da familia.

- Evitar traer ós/ás nenos/as (na medida das posibilidades).

- Cumplan as medidas de desinfección e hixiene marcadas pola universidade.

 

Recibide un cordial saúdo.

Marcos Bóveda.

Director Ceip Cidade Vella.

Beca comedor 2020

Prezadas familias.

 

Remitimos información sobre as bolsas de comedores municipais.

 

Comunicámosvos que está publicada a listaxe  de persoas propostas definitivamente como beneficiarias e a súa puntuación outorgada da convocatoria de axudas de bolsa comedor 2021/2022.

 

Taboleiro de anuncios e edictos municipal 

https://sede.coruna.gob.es/

 

Páxina web de servizos sociais

 https://www.coruna.gal/serviciossociales/es/noticias/detalle-noticias/beca-comedor-2021-2022-publicacion-del-listado-de-personas-propuestas-definitivamente-como/suceso/1453771816093

Saúdos.

 

Aviso ANPA Herrerías

Queridas familias.

Transmitimos información remitida pola ANPA Herrerías, con relación ao comedor escolar do vindeiro curso escolar 2021-2022.

 

Desde ANPA Herrerias se informa que el plazo para inscribirse como usuarios del comedor en el próximo curso se inciará el día 10 de Agosto. Los próximos días publicaremos en nuestros medios de difusión como será el procedimiento y los requisitos y condiciones. Os pedimos esteis atentos/as y os sucribais a los mismos para poder estar al día de la información.

 

Nuestro blog es https://anpaherrerias.blogspot.com/

Nuestro canal de telegram https://t.me/joinchat/RVJFcOalN8OTCtx2

 

Muchas gracias.

 

 

Listados provisionais Bolsas Comedores Municipais Curso 2021-2022

Estimadas familias.

Adxunto información sobre os listados provisionais de concesión e denegación das solicitudes da convocatoria de bolsas municipais de comedor para

o curso 2021-2022.

Convocatoria Bolsas Comedores Municipais Curso 2021-2022

Estimadas familias.

Velaquí a información remitida ao centro sobre as Bolsas de Comedores Municipais para o vindeiro curso escolar.

Tamén a vosa disposición no taboleiro de anuncios do centro.

 

Por outro banda, lembrade que estamos en horario de mañá durante o mes de xullo, en horario de 10:00 a 12:00 horas para a vosa atención.

(En caso de imcompatibilidade horaria chamade o centro para concertar cita á hora convinte).

 

REVISTA DIXITAL E DESPEDIDA AO GRUPO DE 6º

 Preme  na portada  para acceder aos contidos da revista dixital  .

 .  

    Preme  na foto do grupo  para ver a  despedida aos compañeiros/as de 6º de Primaria

 

Matrícula curso2021-22

Aqueles alumnos/as que solicitaron praza e foron admitidos deben formalizar a matrícula para o vindeiro curso do 20 ao 30 de xuño en horario de secretaería.

Ademáis deberán traer:

  • 4 fotografías de tamaño carné se resultaron admitidos para Ed. Infantil e 2 se é para Ed. Primaria.
  •  Fotocopia da tarxeta sanitaria.
Distribuir contido


by Dr. Radut