Skip to Content

BECAS COMEDOR

Lembramos a tódalas familias que teñan solicitado a beca comedor para o presente curso que poden consultar se foron admitidos nas listas predefinitivas no seguinte enlace:
https://www.coruna.gal/servizossociais/gl/noticias/detalle-noticias/bolsa-comedor-2020-2021-publicacion-da-listaxe-provisional-de-persoas-beneficiarias-e-puntuacion/suceso/1453745748498?fbclid=IwAR1QITUyHZkcPMY3bAo0IvPlGKBKzYTy4nT3E1turnp5PnwLRBI2ga6b6vs

Lembramos ademais que debido á actual situación sanitaria é probable que non tódolos alumnos/as que o soliciten poidan ser usuarios de xeito presencial nin comezar a facer uso do servizo de maneira inmediata. Aínda que sempre poderán optar polo servizo de “jardanay na casa” estanto así por tanto cubertas as necesidades dos nenos e nenas becados/as.

REUNIÓNS COS TITORES

A PARTIR DO MARTES 15 DE SETEMBRO COMEZAN AS REUNIÓNS COLECTIVAS DE TITORÍA

RECORDAR QUE NON PODE ASISTIR MÁIS QUE UN ADULTO POR FAMILIA PARA CUMPRIR CÓ AFORO. OS ALUMNOS NON PODEN ASISTIR.

HORARIOS

 

Horario de atención ao público do equipo directivo.

O horario lectivo do centro é de luns a venres de 09:00 a 14:00 horas.

Servizo de madrugadores de 07:30 a 09:00 horas.*

Servizo de comedor de 14:00 a 16:00 horas.*

Actividades extraescolares de 16:00 a 18:00 horas.*

* Actividades xestionadas pola Anpa Herrerías.

 

 

 

 

 

 

Será necesario concertar cita previa co fin de evitar aglomeracións ou coincidencias cos outros/as pais/nais ou titores/as legais.

Pódese solicitar a través do teléfono 881960701, Do correo electrónico ceip.cidade.vella@edu.xunta.gal ou ben cubrindo un papel para tal fin que está na conserxería do centro.

HORARIOS DE ENTRADAS E SAÍDAS A PARTIR DO LUNS

FOLGA NO ENSINO

MAÑÁ DÍA 10 DE SETEMBRO ESTÁ CONVOCADA, POLAS CENTRAIS SINDICAIS, UNHA FOLGA NO ENSINO.

O CENTRO TEN ESTABLECIDO, SEGUNDO A ORDE DA CONSELLERÍA, UN SERVIZO MÍNIMO DE 5 PROFESORES MÁIS O DIRECTOR.

PLAN DE ACOLLIDA AO CENTRO

Para acoller ao alumnado nos primeiros días do curso despois dun largo período de ausencia e seguindo as instrucións da Consellería, elaboramos este Plan. Esperamos que resolva dúbidas que teñades.

PLAN DE ACOLLIDA

ACLARACIÓN ACERCA DAS MÁSCARAS

Respecto á obrigatoriedade de traer unha bolsa para a máscara de reposto, informar que esa bolsa coa máscara quedará na aula. Terán, polo tanto, que ter outra bolsa para gardar a máscara en uso cando a quiten para o almorzo ou no comedor.

MÁSCARAS EN E.INFANTIL

Ante as dúbidas que está a suscitando esta cuestión, decir que desde o centro optamos por pedir as máscaras en E.Infantil, dadas as características destas idades (maior risco de contacto físico) e para ter un maior nivel de seguridade e evitar riscos innecesarios. Este extremo non obriga ás familas dado que o Protocolo da Xunta as considera altamente recomendables. Os alumnos de Ed.Infantil que non leven a máscara poderán acceder ao centro. Os que a leven terán un tratamento flexible.

Dende o centro rogamos a maior colaboración ás familias para lograr que poidamos manter a seguridade e o colexio aberto o maior tempo posible.

ORGANIZACIÓN DOS DOUS PRIMEIROS DÍAS DE CURSO

IMPORTANTE: OS DÍAS 10 E 11 DE SETEMBRO O COMEZO DOS ALUMNOS VAISE REALIZAR DE FORMA ESCALONADA CONFORME ÁS INSTRUCIÓNS DA CONSELLERÍA. LEDE ATENTAMENTE A CIRCULAR INFORMATIVA.

CIRCULAR

Titorías

Os titores irán colgando novidades nos apartados correspondentes a cada grupo de alumnos/as.

CIRCULAR INFORMATIVA SOBRE INICIO DE CURSO 2020/21

Distribuir contido


by Dr. Radut