Skip to Content

Becas comedor curso 2021-22

Prazo de solicitude do 5 ao 30 de abril.

Os impresos facilitaranse nas oficinas dos rexistros municipais e estarán tamén dispoñibles na sede electrónica municipal (https://sede.coruna.gob.es)

A solicitude específica e os anexos, debidamente cubertos e asinados, e o resto de documentación exixida na convocatoria poderá presentarse, previa cita (010, citaprevia.coruna.gal), nos rexistros municipais (Praza de María Pita, Fórum Metropolitano, Centro Ágora, Franxa e do CCM Mesoiro), no rexistro telemático da sede electrónica municipal (https://sede.coruna.gob.es) así como en calquera outro dos previstos no art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

 

Todos os listados (requirimentos de corrección, listas provisionais e definitivas…) identificarán a solicitude do menor atendendo ao código de asento de rexistro da solicitude inicial.

 

Admisión alumnado curso 2021-22

AVISO: Todas as solicitudes de admisión presentadas están admitidas. Deben formalizar a matrícula do 20 ao 30 de xuño na secretaría do centro.

 

Entre o 1 e o 22 de marzo podedes solicitar praza para o vindeiro curso. A continuación deixamos diferentes enlaces con toda a información detallada do proceso de admisión. Lembrade que a presentación pode ser presencial ou telemática.

 

SOLICITUDE

CIRULAR INFORMATIVA CON VACANTES OFERTADAS

CRITERIOS DE VALORACIÓN

MAPA DE ZONA COLEXIOS CORUÑA

SORTEO LETRAS PRIORIDADE

HORARIOS DE SECRETARIA E INSTRUCCIÓNS PARA A ENTREGA DA SOLICITUDE NO CENTRO

Xornada portas abertas

Este ano polo situación COVID non podemos facer xornada de portas abertas. Presentamos este vídeo para que podades coñecer un pouco as nosas dependencias.

PLAN DE CONTINXENCIA CEIP CIDADE VELLA

O novo Plan inclúe a metodoloxía e os horarios no caso de estar nunha situación de ensino telemático.

Prema no enlace PLAN DE CONTINXENCIA

Titorías e especialidades (Infantil e Primaria)

PLAN DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO COVID CIDADE VELLA

Este documento está baseado no Protocolo da Xunta, e adaptado ás circunstancias do propio centro. É susceptible de modificación segundo as circunstancias.

PLAN COVID

Traballos 5º Educación Infantil 2ºT 2023/2024

Ola familias,

xa tedes os traballos dos peques deste 2º trimestre.

Podedes velos picando directamente na seguinte imaxe:

CHARLA NUTRICIÓN E ALIMENTOS ECOLÓXICOS

Estimadas familias.

 

O vindeiro LUNS 4 DE MARZO levaremos a cabo na biblioteca do centro unha charla sobre nutirición e alimentos ecolóxicos, dentro do proxecto de vida activa e deportiva do centro.

 

Temos 30 prazas dispoñibles, os/as interesados/as deberedes mandar un correo electrónico á ceip.cidade.vella@edu.xunta.gal; a inscripción é por orde de recepción das mensaxes.

 

Charla: Nutrición e alimentos ecolóxicos.

Horario: 16:30 horas.

Duración: 1h 45 minutos (aprox.)

Temáticas: 

- Diferencia fundamental entre alimentos e nutrientes.

- Adopción de hábitos alimenticios variados e equilibrados.

- Productos ecolóxicos, inclusión na nosa dieta.

- Investigaremos a natureza dos alimentos procesados, realizando un experimento práctico.

 

- Consellos para planificar comidas saudables, completas e económicas.

 

 

CONTA DE INSTAGRAM

REUNIÓNS INICIO DE CURSO

Comezamos coas reunións de comezo de curso.

O vindeiro luns tócalle o turno ás familias de 4 e 5 anos e ás de 2º de educación primaria.

Fixádevos no horario establecido polas titoras.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut