Skip to Content

REUNIÓN AULAS

COBERTURA SEGURO E-DIXGAL

REUNIÓN DE AULA 5º DE PRIMARIA

 

 

BENVIDA AO CURSO 24-25

 

Prezadas familias, benvidos/as ao curso 2024-2025.

O mércores 11 de setembro comeza o novo curso, achegámosvos os horarios de entrada e saída:

Entradas:

- Infantil: porta principal de 08:55 a 09:05 horas. 

- Primaria: porta lateral de 08:52 a 09:00 horas. 

 

O alumnado de 4º de educación infantil (3 anos) terá en conta o periodo de adaptación (ata o 17 de setembro, incluido).

Todo o alumnado estará supervisado en todo momento por profesorado de garda para tal fin.

O alumnado de educación primaria subirá polo porta lateral e colocarase no número correspondente ao seu curso (pintado no chan), situado baixo o patio cuberto pequeno.

LIBROS DE TEXTO CURSO 24-25

Adxuntamos os libros de texto para o curso 2024-2025.

 

4º  EDUCACIÓN INFANTIL.

 

 

 

5º EDUCACIÓN INFANTIL.

 

 

 

6º EDUCACIÓN INFANTIL.

 

 

 

1º EDUCACIÓN PRIMARIA.

 

 

 

2º EDUCACIÓN PRIMARIA.

 

FORMALIZACIÓN MATRÍCULA CURSO 24-25

 

 

Aberto o prazo para formalizar a matrícula para o curso 2024-2025.

PRAZO: do 20 ao 30 de xuño.

HORARIO: en horario de secretaría ata o día 21; a partir do día 25 e ata o 28 de xuño de 10 a 13 horas.

 

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO ESCOLAR 2024/25

Prezadas familias.

 

Presentamos a continuación toda a información para solicitar o fondo solidario de libros de texto e as axudas de material escolar e libros de texto para o curso 24/25.

O prazo para presentar as solicitudes inicia o día 20 de maio e rematará o 21 de xuño (incluído).

 

1. Orde do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).  

 

 

 2. Instruccións.

 

 

 

3. Documentación necesaria:

 

LECTURA EN FAMILIA. AS NOSAS LETRAS.

 

Prezadas familias.

Adxuntamos os horarios das lecturas en familias co tema "As nosas letras", para aquelas familias que se inscribiron.

Agradecémosvos a vosa participación.

AS NOSAS LETRAS EN FAMILIA

 

Prezadas familias, 

Dende a Biblioteca queremos convidarvos a celebrar con nós a Semana das Letras Galegas. Mais, para iso, precisamos a vosa colaboración! 

Dende o día 23 ao 31 de maio, as portas da biblioteca e das nosas aulas abriranse para acoller historias, contos e relatos da temática que consideredes, coa particularidade de que sexan en galego, preferiblemente (sabemos que hai familias que non dominan o idioma polo que poden ler en castelán).

As persoas que queirades participar (pais e nais, irmáns maiores, avós e avoas…) podedes poñelo en coñecemento das/o titor/a do voso grupo (a través do Abalar) ou enviando un mail ao correo do centro (ceip.cidade.vella@edu.xunta.gal), indicando a vosa dispoñibilidade horaria e o conto/historia/relato que queredes ler. E se non se vos ocorre ningún, podedes poñervos en contacto co equipo da biblioteca a través do correo electrónico anteriormente indicado para que vos asesoren ou vos presten algún libro da nosa biblioteca. 

OBRADOIRO LECTURA E FAMILIAS

Benqueridas familias.

O vindeiro LUNS 29 DE ABRIL, levaremos a cabo un obradoiro na biblioteca do centro, dentro do programa Lectura e Familias que iniciamos este curso.

O horario será de 16:30 a 18:30 horas.

A continuación deixovos información dos temas a tratar.

 

 

Por tema de espazo só podemos acoller a 25 persoas, polo que os/as que estedes interesados/as deberedes mandar un correo electrónico a ceip.cidade.vella@edu.xunta.gal. A inscripción será por rigurosa orde de recepción dos mails.

 

Animádevos a participar!

Distribuir contido


by Dr. Radut