Skip to Content

LISTAXES PROVISIONAIS DE ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO PARA O CURSO 2023/24

Desde hoxe están expostas no taboleiro do colexio as listaxes provisionais de alumnado admitido e non admitido para o curso que vén.

 

 

Hai 5 días para presentar reclamacións.

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2023/2024

Lexislación:

- Decreto 13/2022, do 3 de febreiro.

- Orde do 21 de outubro de 2022.

Documentación necesaria:

  • Solicitude de admisión (anexo II que se pode descargar máis abaixo ou recoller na secretaría ou conserxería). Deberá estar cumprimentada e asinada.

  • DNI do alumno/a ou Libro de familia (orixinal e copia) para acreditar a idade.

MANDADOS DO MECO

Comeza o Entroido no Cidade Vella e chegou o Meco cos seus mandados; polo tanto durante a semana que ven, de luns a xoves teremos que cumprir as súas ordes e poñer as prendas que nos pida día a día. Lembrade que son acumulativas.

 

O Entroido xa está aquí,

e o queremos festexar,

argalla presto a maneira,

                para os mandadiños respectar.       

                 

                                 O luns trece, que non é martes                            

os calcetíns están de festa,

poden vir sen a súa parella,

e deixaremos que se vexan.

 

 

Chega o martes catorce,

e continuamos a nosa troula,

algo nas nosas testas levemos,

e se chove... pois que choiva !

 

 

O mércores quince será

ENTROIDO 2023

Prezadas familias.

Xa está aquí o Entroido e no Cidade Vella ímolo celebrar como se merece.

Este ano a temática do noso proxecto de centro é a Galicia Máxica, polo tanto os disfraces van relacionados co mesmo.

Aquí vos deixamos as instruccións para elaborar o disfraz (unha parte farase na casa e outra no centro).

 

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

 

Estimadas familias.

O LUNS 27 DE FEBREIRO E O LUNS 7 DE MARZO de 16:00 a 19:00 horas, realizaremos as Xornadas de Portas Abertas, para todas as familias que desexen coñecer o noso centro de cara a matricularse o vindeiro curso.

Durante a visita explicarémosvos as normas básicas do centro e realizaremos un percorrido coñecendo todos os espazos do centro.

Para unha atención máis individualizada é convinte solicitar cita previa ben a través do teléfono 881960701 ou do mail: ceip.cidade.vella@edu.xunta.gal

Agardámosvos.

XORNADA PORTAS ABERTAS IES PLUIRILINGÜE ADORMIDERAS

Adxúntase documento coa información da Xornada de portas abertas do IES Adormideras.

 

 

SOLICITUDE RESERVA

Prezadas familias.

 

Hoxe luns 16 de xaneiro e ata o luns 6 de febreiro ábrese o prazo para solicitar a reserva de praza para o alumnado de 6º de educación primaria que o vindeiro curso 2023-2024 comeza a etapa da ESO.

Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opción descritas a continuación:

OBRADOIRO MEDRANDO EN IGUALDADE

Benqueridas familias: 

  

O próximo mércores, día 9, no Centro Cívico Cidade Vella, a partir das 16:30 h. terá lugar o obradoiro para familias dentro do proxecto Medrando en Igualdade 2, organizado un ano máis pola ANPA Herrerías. 

 

A través desta actividade ofrécese unha oportunidade perfecta para analizar a contorna na que educamos aos nosos fillos e fillas e identificar os estereotipos presentes na nosa sociedade, sempre desde a perspectiva da educación emocional. 

 

Como apuntarse? 

Escanea o QR do cartaz (TABLÓN DE ANUNCIOS DO COLE) e cubre o formulario ou faino directamente no enlace adxunto: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSe-Kb2n05H9nR1fubNAh3-rS5NlqcwV...

 

 

Unha aperta, 

ANPA Herrerías

TERRORÍFICA FESTA DE DISFRACES NO COLEXIO POLO SAMAÍN!

Benqueridas familias! 

 

Preparade os vosos disfraces, porque a ANPA Herrerías celebrará, en colaboración co CEIP Cidade Vella, unha terrorífica festa de disfraces polo Samaín o xoves día 27 de 16:30 h a 19:00 h. Para que a rapazada o pase de medo contaremos cunha chea de actividades, como: 

Animadores. 

Xogos tradicionais. 

Pintacaras.  

Obradoiro de chapas. 

Globoflexia. 

E un fotomatón no que os monstruiños poderanse facer todas as fotos que queiran! 

 

Ademais destas actividades, organizadas pola empresa Duende Sico, contamos coa colaboración do alumnado de 6º de Educación Primaria e as súas familias, que terán un kiosko e un mercadillo para reunir fondos para a viaxe de fin de curso. 

 

A festa estará aberta só para as familias do colexio e o acceso farase pola porta lateral do edificio.  

 

(Lembrade que ese día, debido á celebración da festa, non haberá actividades extraescolares.) 

 

Así que poñede a punto as vosas vasoiras, sacádelle brillo ás cabazas e botade aos morcegos dos vosos faiados, porque o xoves 27 contamos con vós! 

 

Unha tenebrosa aperta! 

ANPA Herrerías.

 

APROBACIÓN DEFINITIVA DAS BOLSAS MUNICIPAIS DE COMEDOR

APROBACIÓN DEFINITIVA DAS BOLSAS MUNICIPAIS DE COMEDOR 

 

O Concello da Coruña vén de publicar a proposta de aprobación definitiva da convocatoria de axudas para o pagamento de comedores escolares no curso 2022/2023 e a apertura do prazo de aceptación ou renuncia. 

  

As persoas beneficiarias que desexen renunciar á bolsa deben manifestalo expresamente mediante presentación dun escrito no rexistro municipal ata o día 24 de agosto. Transcorrido o prazo sen realizarse a renuncia, entenderase que se acepta a axuda concedida. 

  

Podedes consultar toda a información no seguinte enlace: 

  

https://www.coruna.gal/serviciossociales/es/noticias/detalle-noticias/bo...

Distribuir contido


by Dr. Radut