Skip to Content

ADMISIÓN ALUMNADO 2022-2023

 

 

Desde o vindeiro martes día 1 e ata o 21 de marzo permanecerá aberto o prazo de solicitude de admisión nos centros escolares para o vindeiro curso 2022/23, para todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo (maioritariamente en 4º curso de Educación Infantil), así como para aqueles alumnos de Educación Infantil, Educación Primaria, ESO e Bacharelato que desexan cambiar de centro escolar sempre que haxa prazas dispoñibles.


Unha vez pechado o prazo de solicitudes, as listas provisionais de admitidos e excluídos publicaranse o día 25 de abril, as definitivas antes do 15 de maio e os prazos de formalización de matrícula serán do 20 ao 30 de xuño para os alumnos de Infantil e Primaria e do 25 de xuño ao 10 de xullo para os de ESO e Bacharelato.

DESFILE ENTROIDO 2022

 

Este ano, despois da pandemia, poidemos volver a desfrutar do entroido como nos merecemos, e que mellor homenaxe que un bo desfile polas preciosas rúas do barrio.

A temática escollida está relacionada co proxecto do centro, titulado "A Cidade Vella", polo que escollemos diferentes nomes das rúas e as relacionamos cos oficios que nelas se levaban a cabo do seguinte xeito:

Ed. Infantil: taberneiros/as-rúa Tabernas.

 

1º e 2º Ed. Primaria: panadeiros/as-praza da Fariña.

 

3º e 4º Ed. Primaria: ferreiros/as-rúa Ferrerías

 

 

 

5º e 6º Ed. Primaria: carniceiros/as- rúa Cortaduría.

 

 

Resultou ser unha xornada do máis entretida, agardamos se repita. O resto de fotos podédelas ver na galería.

 

DÍA DE ROSALÍA 23-02-2022

O día 23 de febreiro celebramos un día moi especial adicado a nosa autora máis coñecida, como é Rosalía de Castro.

Ao longo da semana elaboramos un mural coa cara de Rosalía ao que os nenos/as de Educación Infantil lle deron un aspecto formidable e escibiron os títulos dalgúns dos poemas máis coñecidos da autora.

O resto de cursos do centro decoraron e recitaron o poema Adiós ríos, adiós fontes. Ademais ao longo da semana escoitamos cancións das obras de Rosalía interpretadas por diferentes artistas pola megafonía do centro.

Xa podedes desfrutar do traballo dos nenos/as na galería de fotos.

 

ENTROIDO 2022

 

 

O Entroido xa está aquí!!

 

A continuación explicamos o que vamos levar a cabo durante a vindeira semana:

- Comezamos cos MANDADOS DO MECO:

    -  LUNS 21: SE QUERES VIR MOLÓN/A HAS DE TRAER CALCETÍNS DE CORES POR FÓRA DO PANTALÓN.

    -  MARTES 22: COMO UN NENO/ DESPISTADO/A VIRÁS CO ZAPATOS DESEMPARELLADOS.

RECOLLIDA DE ALIMENTOS

Prezadas familias.

Unha das actividades a desenvolver polo centro para conmemorar o Día da Paz e a Non Violencia (30 de xaneiro), será unha RECOLLIDA DE ALIMENTOS, en favor da Cociña Económica.

Terá lugar do luns 31 de xaneiro ao venres 4 de febreiro.

Os alimentos que máis se precisan son: 

GARAVANZOS, FIDEUÁ, MACARRÓNS, ALUBIAS E CONSERVAS.

Podedes deixar os alimentos na entrada principal do centro.

Grazas pola vosa colaboración.

Un saúdo.

 

PREGUNTAS FRECUENTES COVID 19

Estimadas familias.

Co fin de que teñades información sobre o novo protocolo da covid 19, adxuntamos un documento de PREGUNTAS FRECUENTES COVID 19.

Calquera dúbida non dudedes en consultánolas.

Moito ánimo.

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

Prezadas familias de 6º de Educación Primaria.

Os institutos da zona, IES ADORMIDEIRAS e IES MENÉNDEZ PINAL (Zalaeta) enviaron información das XORNADAS E PORTAS ABERTAS que van ter lugar en cada un dos centros.

Adxuntamos a información por si é do voso interese:

IES DURMIDEIRAS  (HAI UN ERRO, A XORNADA É O XOVES 3 DE FEBREIRO, NON O MÉRCORES COMO PON).

- IES MENÉNDEZ PINAL

Saúdos.

FESTIVAL NADAL 2021

Prezadas familias e alumnado, aínda que se fixo de esperar xa está aquí o vídeo de festival de Nadal; como ben sabedes non o podemos realizar todos e todas xuntos/as polo que fixemos todo o que puidemos, velaquí o resultado; pinchando no enlace desfrutaredes do espectáculo.

FESTIVAL NADAL 2021

 

Agardamos que sigades desfrutando das vacacións.

Apertas e saúdos.

BO NADAL E FELIZ ANO 2022

 

Dende a comunidade educactiva do Ceip Cidade Vella desexámosvos un Bo Nadal e un ano 2022 cheo de alegrías e sobre todo de saúde.

Para celebrar unhas merecidas vacacións nada mellor que ver o gran traballo feito por todo o alumnado coas postais de nadal, auténticas obras de arte, premede no seguinte enlace para ver o video.

 

POSTAIS DE NADAL 2021

 

ACTIVIDADES DE NADAL NO CENTRO CÍVICO

Prezada familias.

A continuación presentamos as actividades promocionados polos Centros Cívicos da Cidade Vella e de monte Alto:

- Cidade Vella: visita dun Rei Mago e o seu paxe.

- Monte Alto: visita de Papa Noel e un taller de elaboración de galletas.

 

 

Agardamos que o desfrutedes!!

Distribuir contido


by Dr. Radut