O Entroido xa está aquí!!
A continuación explicamos o que vamos levar a cabo durante a vindeira semana:
- Comezamos cos MANDADOS DO MECO:
- LUNS 21: SE QUERES VIR MOLÓN/A HAS DE TRAER CALCETÍNS DE CORES POR FÓRA DO PANTALÓN.
- MARTES 22: COMO UN NENO/ DESPISTADO/A VIRÁS CO ZAPATOS DESEMPARELLADOS.
- MÉRCORES 23: O XERSEI DO REVÉS TERÁS QUE TRAER SE A TODOS/AS NOS QUERES VER.
- XOVES 24: QUE FALCATRUADA! ATRÉVETE A TRAER A CARA PINTADA.
- VENRES 25: DESFILE polas rúas da Cidade Vella.
Achégovos información por si é do voso interese:
Horario:
- Saída: ás 12:00 horas (esperamos ser puntuais).
- Percorrido: saída do centro baixando pola Rúa Nosa Señora do Rosario e indo cara a María Pita pola Avenida de los Ángeles, daremos unha volta á praza e voltaremos pola mesma avenida e colleremos a rúa de Damas en dirección á Praza de Azcárraga, donde donde continuaremos subiendo ata chegar de novo ao colexio.Saúdos.
ANIMAMOS ÁS FAMILIAS A QUE NOS ACOMPAÑEN DURANTE O DESFILE.
Antes do desfile o centro ofrecerá unha merenda con productos típicos do entroido (1 filloa + 1 orella por neno/a) por si non queredes traer merenda ese día.
NOTA: AVISADE AS TITORAS OU TITOR SE ALGÚN NENO/A TEN ALERXIA OU INTOLERANCIA A ALGÚN DOS PRODUCTOS DA MERENDA.
Agardamos que disfrutedes moito!!!