Skip to Content

Inglés

Datos de contacto

Podedes contactar conmigo a través da aplicación abalarMóbil ou enviando un correo a: maryemsaliduque@edu.xunta.gal

ENGLISH BLOG

No blog da aula de inglés tedes acceso a diferentes vídeos e actividades para practicar dende casa os contidos que se traballan en clase. Para ver todo o contido do blog no móbil hai que desplazarse ao final de todo e premer en "View web version".

ENGLISH

Contacontos na aula de inglés (5º)

O pasado mes de marzo dúas alumnas de 5º elixiron o conto "The squirrels who squabbled" de Rachel Bright para a sesión de contacontos. Tédelo á vosa disposición na biblioteca do colexio. Podedes ver a continuación ás dúas recomendacións:

                       The Squirrels who squabbled

 

                        The Squirrels who squabbled

Carol recomenda... (6º)

Carol de 6º de primaria recoméndanos "Dog Man" de Dav Pilkey. Está dispoñible na biblioteca do colexio. 

                   Dog Man

Hora de ler na aula de inglés (4º)

Este curso o alumnado de 4º empezou a ter unha sesión de lectura cada 3 semanas en inglés. Levamos a cabo a lectura procurando que todo o alumnado participe, xa sexa de xeito individual ou en gran grupo. 

Empezamos as primeiras sesións co relato breve "Ernest and the elevator".

No mes de outubro lemos "Room on the broom" de Julia Donaldson e en decembro "Meerkat Christmas" de Emily Gravett. Ambos están dispoñibles na biblioteca do colexio.

Room on the broom       Meerkat Christmas

Aproveitando a aportación de Iago, lemos "The shy fly's house" de Eva Mejuto e Sergio Mora e unha versión infantil de "The jungle book" de Rudyard Kipling.

The shy fly's house              The jungle book

Co gallo do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, o martes 6 de febreiro lemos unha biografía de Jane Goodall de Mª Isabel Sánchez Vegara. O libro está dispoñible na biblioteca de aula.

Jane Goodall

 

 

 

 

Contacontos na aula de inglés (5º)

Álbum: CURSO 2023-2024 -> Contacontos aula de inglés 5º

No primeiro trimestre empezou o alumnado de 5º de primaria a levar a cabo unhas sesións de contacontos na aula de inglés. Podedes ver os contos relatados ata agora xunto coas recomendacións do alumnado.

Premede na imaxe para ler as recomendacións.

Reading time - Class 6 (2022/2023)

Álbum: CURSO 2022-2023 -> Reading time - Class 6

A biblioteca do colexio dispón de contos en lingua inglesa para o alumnado de infantil e primaria.

Aquí tedes unha selección dalgúns libros que leron en 6º de primaria no curso 2022-2023 durante a hora de lectura que se fai unha vez cada tres semanas. 

Premede na imaxe para ver o álbum.

Reading time - Class 5 (2022/2023)

Álbum: CURSO 2022-2023 -> Reading time - Class 5

A biblioteca do colexio dispón de contos en lingua inglesa para o alumnado de infantil e primaria.

Aquí tedes unha selección dalgúns libros que leron en 5º de primaria no curso 2022-2023 durante a hora de lectura que se fai unha vez cada tres semanas. 

Premede na imaxe para ver o álbum.

Distribuir contido


by Dr. Radut