Reserva praza centro adscrito para os alumnos de 6º de Ed. Primaria
Do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro está aberto o prazo para facer a reserva de praza para o Centro adscrito que é o IES de Adormideras. A solicitude presentarase na secretaria do CEIP Cidade Vella.
Os alumnos que non queran facer reserva de no Centro adcrito debertán sollicitar prazar no Centro da súa elección entre o 1 e o 22 de marzo.
PLAN DE CONTINXENCIA CEIP CIDADE VELLA
Enviado por olga o Lun, 30/11/2020 - 10:21O novo Plan inclúe a metodoloxía e os horarios no caso de estar nunha situación de ensino telemático.
Prema no enlace PLAN DE CONTINXENCIA
Titorías e especialidades (Infantil e Primaria)
Enviado por admin o Xov, 08/10/2020 - 20:00PLAN DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO COVID CIDADE VELLA
Enviado por olga o Mér, 09/09/2020 - 17:32Este documento está baseado no Protocolo da Xunta, e adaptado ás circunstancias do propio centro. É susceptible de modificación segundo as circunstancias.
Recomendacións Nadal 2020-21
Dende o Equipo de Biblioteca desexarvos a todos unha felices festas e os nosos mellores desexos para o 2021.
Aproveitemos estes días de lecer para viaxar cos libros.
Calendario escolar curso 2020-2021
O Consello Escolar elexiu solicitar como día non lectivo o 18 de maio
Convocatoria máscaras
No DOG do venres 13 de novembro a Consellería de Educación realizou unha convocatoria para o alumnado de Educación Primaria para obter máscaras gratuitas. Resumimos a continuación a convocatoria:
- Todo o alumnado beneficiario do vale de material escolar neste curso NON terá que entregar solicitude. Recibirán as máscaras automaticamente.
- Poden presentar solicitude os que non foron beneficiarios do vale de material, sempre e cando cumpran o requisito de ter unha renda familiar per cápita inferior a 6000 euros (renta 2018), ou se é alumnado de Educación Especial, se está tutelado pola Xunta ou se ten discapacidade recoñecida de máis do 65%.
- Modelo de solicitude para descargar. (acompañar fotocopia do libro de familia)
- Prazo e lugar: ata o 27 de novembro na secretaría do colexio
- O luns 30 de novembro publicaremos a listaxe de beneficiarios das máscaras. (no taboleiro da entrada do colexio)
- O reparto das máscaras realizarémolo no mes de decembro. Informaremos do procedemento.
BECAS COMEDOR
Lembramos a tódalas familias que teñan solicitado a beca comedor para o presente curso que poden consultar se foron admitidos nas listas predefinitivas no seguinte enlace:
https://www.coruna.gal/servizossociais/gl/noticias/detalle-noticias/bolsa-comedor-2020-2021-publicacion-da-listaxe-provisional-de-persoas-beneficiarias-e-puntuacion/suceso/1453745748498?fbclid=IwAR1QITUyHZkcPMY3bAo0IvPlGKBKzYTy4nT3E1turnp5PnwLRBI2ga6b6vs
Lembramos ademais que debido á actual situación sanitaria é probable que non tódolos alumnos/as que o soliciten poidan ser usuarios de xeito presencial nin comezar a facer uso do servizo de maneira inmediata. Aínda que sempre poderán optar polo servizo de “jardanay na casa” estanto así por tanto cubertas as necesidades dos nenos e nenas becados/as.
REUNIÓNS COS TITORES
Enviado por olga o Lun, 14/09/2020 - 12:44A PARTIR DO MARTES 15 DE SETEMBRO COMEZAN AS REUNIÓNS COLECTIVAS DE TITORÍA
RECORDAR QUE NON PODE ASISTIR MÁIS QUE UN ADULTO POR FAMILIA PARA CUMPRIR CÓ AFORO. OS ALUMNOS NON PODEN ASISTIR.
