Skip to Content

MANDADOS DO MECO

Comeza o Entroido no Cidade Vella e chegou o Meco cos seus mandados; polo tanto durante a semana que ven, de luns a xoves teremos que cumprir as súas ordes e poñer as prendas que nos pida día a día. Lembrade que son acumulativas.

 

O Entroido xa está aquí,

e o queremos festexar,

argalla presto a maneira,

                para os mandadiños respectar.       

                 

                                 O luns trece, que non é martes                            

os calcetíns están de festa,

poden vir sen a súa parella,

e deixaremos que se vexan.

 

 

Chega o martes catorce,

e continuamos a nosa troula,

algo nas nosas testas levemos,

e se chove... pois que choiva !

 

 

O mércores quince será

un bo día para o noso Entroido,

cantemos sen afinar,

cun adorno no pescozo.

 

O xoves de parranda,

non esquezas vir á escola

sexa falda ou pantalón,

do revés as nosas roupas.

 

   

 

Esquece a vergoña e as tristuras,

pero lembra o teu disfraz,

ven na tarde á nosa festa,

e non deixes de xogar.

 

Desfilemos e fagamos ruido

o venres pola mañá,

desexando feliz Entroido

ven á rúa a desfilar,

Galicia Máxica está de festa

bailaremos ao compás.



page | by Dr. Radut