Skip to Content

REUNIÓN DE AULA 5º EDUCACIÓN INFANTIL

Bo día.

 

Convócase a todos os pai/nais/titores legais dos/as alumnos/as de 5º de Ed. Infantil á reunión de inicio de curso, que terá lugar no salón de actos do centro, o vindeiro luns, día 27 de setembro ás 17:00 horas.

Prégase:

- Puntualidade.

- Só poderá asistir unha persoa por alumno/a.

- Na medida das posibilidades, vir sen nenos/as.

- Deberán esperan a ser chamados para entrar.

 

A titora.

Alba Iglesias Sousa.

REUNIÓN DE AULA 6º EDUCACIÓN INFANTIL

Bo día.

 

Convócase a todos os pai/nais/titores legais dos/as alumnos/as de 6º de Ed. Infantil á reunión de inicio de curso, que terá lugar no salón de actos do centro, o vindeiro luns, día 20 de setembro ás 17:00 horas.

Prégase:

- Puntualidade.

- Só poderá asistir unha persoa por alumno/a.

- Na medida das posibilidades, vir sen nenos/as.

- Deberán esperan a ser chamados para entrar.

 

A titora.

Marta Rey Soto.

VISITA VIRTUAL AO CENTRO

Sgvirtual360

Entroido 2021

         A semana do 8 ao 12 de febreiro celebramos o Entroido deste ano . Preme na imaxe para ver un vídeo sobre as actividades realizadas.

Día da Paz 2021

 Durante  a  semana  do 25 ao 29 de  xaneiro  conmemoramos  o   Día  da  Paz  con diferentes carteis en todas as aulas.

     Preme  no gráfico  para poder velos .

Reserva praza centro adscrito para os alumnos de 6º de Ed. Primaria

Do 11 de xaneiro  ao 8 de febreiro está aberto o prazo para facer a reserva de praza para o Centro adscrito que é o IES de Adormideras. A solicitude presentarase na secretaria do CEIP Cidade Vella.

Os alumnos que non queran facer reserva de no Centro adcrito debertán sollicitar prazar no Centro da súa elección entre o 1 e o 22 de marzo.

 

Circular

Anexo galego

Anexo castelán

 

Recomendacións Nadal 2020-21

Dende o Equipo de Biblioteca desexarvos a todos unha felices festas e os nosos mellores desexos para o 2021.

Aproveitemos estes días de lecer para viaxar cos libros.

Consulta as recomendacións feitas para estes días.

Nadal 2020

Estimadas familias:

Aquí tedes unha  felicitación dixital mediante un  crisma  colectivo. Para vela, premede na imaxe.

 

Premede aquí para ver as actuacións de infantil e primaria.

Calendario escolar curso 2021-2022

 

 

O martes 7 de decembro e o luns 16 de maio serán días non lectivos, xa confirmados pola Xefatura Territorial.

Convocatoria máscaras

No DOG do venres 13 de novembro a Consellería de Educación realizou unha convocatoria para o alumnado de Educación Primaria para obter máscaras gratuitas. Resumimos a continuación a convocatoria:

  • Todo o alumnado beneficiario do vale de material escolar neste curso NON terá que entregar solicitude. Recibirán as máscaras automaticamente.
  • Poden presentar solicitude os que non foron beneficiarios do vale de material, sempre e cando cumpran o requisito de ter unha renda familiar per cápita inferior a 6000 euros (renta 2018), ou se é alumnado de Educación Especial, se está tutelado pola Xunta ou se ten discapacidade recoñecida de máis do 65%.
  • Modelo de solicitude para descargar. (acompañar fotocopia do libro de familia)
  • Prazo e lugar: ata o 27 de novembro na secretaría do colexio 
  • O luns 30 de novembro publicaremos a listaxe de beneficiarios das máscaras. (no taboleiro da entrada do colexio)
  • O reparto das máscaras realizarémolo no mes de decembro. Informaremos do procedemento.
Distribuir contido


by Dr. Radut