Skip to Content

4º EP

MATERIAL 4º EP

Este é o material a empregar no curso 2022-2023.

MATERIAL 4º EP

INSTRUCCIÓNS DISFRAZ 4º EDUCACIÓN PRIMARIA

Prezadas familias.

A continuación explicamos como levar a cabo o disfraz de FERREIROS/AS que levarán os nenos/as no desfile de entroido o vindeiro VENRES 25 DE FEBREIRO.

 

DÍA INTERNACIONAL DA DISCAPACIDADE

O 3 de decembro na clase de 4º de educación Primaria conmemoramos o Día Internacional da Discapacidade e para celebralo realizamos este precioso mural. 

 

 

PROGRAMA ARCO

Estimadas familias:

Comprácenos comunicarvos que fomos un dos centros seleccionados para levar a cabo o CONTRATO PROGRAMA RECUPÉRA-T, no marco do Plan Recupera, dirixido a centros docentes públicos de educación primaria e secundaria dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade para o curso 2021-2022.

 

 

Polo tanto, contaremos co mestra Beatriz Espiñeira Espiñeira que estará facendo unha media xornada dentro das aulas de 4º e 5º de Educación Primaria, reforzando as materias de matemáticas, lingua castelá e lingua galega.

 

REUNIÓN DE AULA 4º EDUCACIÓN PRIMARIA

Bo día.

 

Convócase a todos os pai/nais/titores legais dos/as alumnos/as de 4º de Ed. Primaria á reunión de inicio de curso, que terá lugar no salón de actos do centro, o vindeiro luns, día 4 de outuibro ás 18:15 horas.

Prégase:

- Puntualidade.

- Só poderá asistir unha persoa por alumno/a.

- Na medida das posibilidades, vir sen nenos/as.

- Deberán esperan a ser chamados para entrar.

 

A titora.

Patricia González Fernández.

Xela Arias. Biografía e un conto.Vídeos

 

   Aquí están os enlaces  aos  vídeos grabados polos alumnos/as  de 4º sobre a escritora  homenaxeada neste ano nas LETRAS GALEGAS:  XELA ARIAS

 

XELA .BIOGRAFÍA E UN CONTO, CUN FONDO MUSICAL

XELA.BIOGRAFÍA E UN CONTO CON OUTRA PERSPECTIVA

 

Aula Virtual

Estimadas familias:

Como xa sabedes, en caso de confinamento utilizaríamos a Aula Virtual do colexio para presentar os contidos novos e as tarefas que o alumnado teña que levar a cabo.

No seguinte vídeo tedes os pasos para activar a conta na Aula Virtual utilizando o nome de usuario e o contrasinal que levaron hoxe os nenos na axenda. 

 

NOTA PAIS FIN PRIMEIRO TRIMESTRE ESCOLAR

Achego nota para os pais/nais dos alumnos de cuarto de E.P. con anotacións diversas. Saúdos.

NOTIFICACIÓN TITORÍA GRUPAL 4ºEP

 

Estimadas familias:

A titoría grupal terá lugar o martes, día 15 deste mes, ás 16.30 no salón de actos do colexio. Recordade: só un adulto por familia. Prégase puntualidade.

 

Un saúdo.

Distribuir contido


by Dr. Radut