Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

Educación primaria

Os nosos avatares disfrázanse para o Samaín

Os nosos avatares tamén se van preparando para o Samaín. Mirade que disfraces máis chulos temos:

Os nosos posters do PDI A Maxia do Xogo

O alumnado de quinto de primaria creou os seus propios posters para ilustrar o Proxecto Documental Integrado A Maxia do Xogo. Fixéronos en ITI Robótica empregando a ferramenta web de deseño Canva.

Quedáronlles fenomenal e, ademais de ver aquí unha mostra das súas creacións, podemos desfrutar dos seus posters tamén na escola, porque xa están decorando as paredes das escaleiras que van á nosa aula.

Parécemo a min ou relacionan o xogo case exclusivamente cos videoxogos e as consolas? 


 

O alumnado de sexto crea o seu avatar en ITI Robótica

Os rapaces e rapazas de sexto crearon os seus avatares na materia de ITI Robótica. Gustoulles moito realizar esta actividade e ademais, mirade que fotos de clase tan chulas nos quedaron. Adiviñades quen é quen?

FOTO DE CLASE DE 6º A

 

 

FOTO DE CLASE DE 6º B

O alumnado de quinto crea o seu avatar en ITI Robótica

Os rapaces e rapazas de quinto crearon os seus avatares na materia de ITI Robótica. Gustoulles moito realizar esta actividade e ademais, mirade que foto da clase tan chula nos quedou. Adiviñades quen é quen?

Vemos células en realide aumentada!

Para rematar o traballo realizado sobre as células na primeira unidade didáctica de Ciencias da Natureza, o alumnado de quinto de primaria puido ver en realidade aumentada as células animais e vexetais que elas e eles mesmos colorearan previamente nunha ficha. Parecía maxia, posto que semellaba que os debuxos cobraban vida e saían do papel. Ademais, coa aplicación de realidade aumentada que empregamos, puideron repasar as partes das células animais e vexetais que estudamos en clase.

Ariadna cóntanos a súa viaxe a Austria e Alemania

Ariadna tivo a sorte de realizar unha fabulosa viaxe a Austria e Alemania e, á volta, explicounos con todo detalle os lugares tan impresionantes que visitou. Fixo un traballo moi elaborado para expoñer en clase e ata trouxo un típico sombreiro tirolés e unha galleta de xenxibre para amosarnos. Grazas, Ariadna, encantounos a túa presentación!

 

O alumnado de quinto crea unha personaxe para un videoxogo en ITI Robótica

O alumnado de quinto creou a súa propia personaxe para xogar a un videoxogo na materia de ITI Robótica. Despois de deseñar as personaxes, trasladáronas ao videoxogo e puideron botar unhas partidas coas súas propias creacións. Mirade que concentradas e concentrados traballaron:

 

O alumnado de sexto crea a personaxe dun videoxogo en ITI Robótica

O alumnado de sexto creou a súa propia personaxe para xogar a un videoxogo na materia de ITI Robótica. Despois de deseñar as personaxes, trasladáronas ao videoxogo e puideron botar unhas partidas coas súas propias creacións. Mirade que ben o pasaron:

 

Xogando co atletismo

A pasada semana o alumnado de Educación primaria participou nunha actividade de deporte e saúde chamada Xogando co atletismo, organizada polo concello de Fene. Ao alumnado de 5º e 6º de primaria tocoulles ir o mércores día 27 de abril ao pavillón do CEIP O Ramo para desfrutar de distintas probas de atletismo con outros centros educativos da contorna. A continuación podedes ver algunhas fotos das rapazas e rapaces de 5º e 6º correndo, saltando e gozando co deporte.

 

Taller primeiros auxilios

O 25 de marzo veu á nosa aula Isa, nai de Daniela Garrote e enfermeira, realizar un taller de primeiros auxilios.

Aprendimos un montón de cousas e púxemolas en práctica. Gustounos moito. O tempo fíxosenos moi curto, cando nos demos conta era xa hora de marchar para a casa. Grazas Isa por ensinarnos tantas cousas!!!

 

 

Distribuir contido