blogue dejlrivero

Lettering na aula. Obradoiro de diseño e caligrafía creativa

Esta nosa aula, é un espazo bule-bule, sempre creativo e sempre dando entrada á imaxinación, a creatividade e á forza da palabra. As palabras están compostas por letras, e as letras son a voz da mensaxe. Así que fai 2 cursos descubrimos os obradoiros de Lettering ou caligrafía creativa.

O lettering é unha ferramenta persoal que comunica, é expresivo, o autor debuxa, coñece as letras e os distintos alfabetos, estimula a creatividade, leva tempo pero fai que a calma, a concentración e a reflexión veña a ti. É unha actividade realmente enriquecedora en todos os sentidos. Saboreas o proceso e aprendes moito. O alumnado estivo realmente aplicado e colaborador, así que confiamos en ver resultados das súas obras de arte moi pronto.

 

 

 

 Graciñas á profe Natalia por este pequeno obradoiro de remate de curso

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

4º Certame de Recolla das Imaxes e Podcasts do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués

 

Participamos no 4º Certame de Recolla das Imaxes e Podcasts do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués Ponte nas ondas que  promove a recuperación e posta en valor das fotografías para que poidan ser usadas no ámbito escolar, pola carga didáctica que atesouran, e para seren coñecidas polo público en xeral e contribuír así ao paso do ámbito analóxico ao entorno dixital. Para esta actividade foi imprescindible a colaboración das familias do alumnado e do profesorado, que agradecemos.

Estamos a espera da resolución do concurso.

http://escolasnasondas.com/4o-certame-de-recolla-das-imaxes-e-podcasts-do-patrimonio-inmaterial-galego-portugues/

 

As Imaxes Do Patrimonio - CEIP O Castiñeiro - Xuño 2021 by Ceip O Castiñeiro on Scribd

DIA MUNDIAL SEN TABACO 2021

DIA MUNDIAL SEN TABACO 2021

 

 

 

O 31 de maio celébrase o Día Muridial sen Tabaco que neste 2021, ten como lema "QUEN O DEIXA, GAÑA", dentro da campaña mundial «Comprométete a deixalo durante a COVID-19» destacando que:

o  

 O fume favorece que os aerosois que transmiten o virus se despracen ata os oito metros de distancia e se manteñan durante máis tempo no aire polo que é máis fácil contaxiarse do SARS-2.

 

o  

Os fumadores teñen maior risco de contraer a COVID-19 ao sacarse a máscara para fumar, 1.4 veces maior risco de presentar síntomas graves e falecer pola COVID-19. 0 uso dos cigarros electrónicos presenta un risco cinco veces maior de contraer a COVID­19.

 

Ø 

Na pandemia polo COVID-19, coas tensións sociais e económicas, provocase un incremento do consumo do tabaco na poboación. Segundo a enquisa OEDA-Covid 2020, elaborada polo Observatorio Español de las Drogas y las Adicciones, dependente do Ministerio de Sanidad, diminuíron os fumadores sociais, pero arredor dun 1,2% comezaron a fumar e un 5,7% fuman máis cigarros diarios.

Neste momento, coa actual pandemia polo COVID-19, a deshabituación tabáquica é de extrema urxencia, por iso, a difusión desta mensaxe de promoción da saúde.

 


 

 

Traballo durante a semana

"Un conto para frear a iniciación precoz no tabaco"

https://weeblebooks.com/libros/No-y-punto.pdf

A Cátedra Respira Vida da Universidade Autónoma de Madrid e a compañía GSK deron un paso máis cara á prevención da iniciación precoz no tabaco coa publicación dun conto dirixido a nenos de entre 11 e 13 anos. Co título “Non e punto, porque fumar non mola”, o libro xa está dispoñible tanto en formato impreso como dixital e a súa divulgación formará parte das actividades que teñen previsto levar a cabo en colexios de toda España.

A iniciativa conta co respaldo de sociedades científicas de atención primaria e asociacións de pacientes, entre elas a AGP.

 


 

 

Vídeo educativo sobre o tabaquismo para nen@s de preescolar e primaria. Orixinario de Panamá

"O pato fumador"

  

PROGRAMA EDUCATIVO SOBRE A ADOLESCENCIA

 

O PROGRAMA 

 

Participamos, guiados por Ana, a orientadora do cole, no Programa educativo sobre a adolescencia, centrado nos cambios físicos e emocionais da adolescencia especificamente deseñado para alumnos e alumnas de 11 a 13 anos.

 

 

O programa permítenos adaptarnos á realidade actual dos mozos, e prover aos adolescentes das ferramentas que necesitan para crecer saludablemente tanto física como psicoloxicamente. Tras consultar a expertos en psicoloxía adolescente que traballan con mozas a diario, engádese un novo módulo ao programa para profundar na perda de confianza que tan frecuentemente acompaña os cambios físicos que teñen lugar durante a puberdade.

 

 

OBXECTIVOS

 

Está especificamente deseñado para axudar a mozos e mozas a identificar: Os cambios emocionais, dándolles confianza para conseguir todos os seus obxectivos e romper os estereotipos, reforzando así a súa autoestima.Os cambios corporais, ofrecendo respostas directas ás grandes cuestións. Este módulo inclúe tamén unha lección sobre produtos de hixiene feminina, con mostras de produtos para as alumnas.

 

 

 

 

DOCUMENTOS

VÍDEOS

 

 

 

Con todo o material necesario para poder impartir a clase, que está composto por: Unha presentación en PowerPoint que inclúe vídeos educativos descargables, os cales están especificamente deseñados para ser proxectados en clase, durante a explicación do profesor. Unha guía para o profesor, que inclúe contido educativo para axudarche cos puntos crave que cobre a explicación. Mostras de produto de hixiene feminina, que se poden repartir ás alumnas durante a clase, e guías con información adicional para as nenas e para as súas nais. Unha guía para mozos con contido relacionado cos cambios na puberdade.

 

Materiais para o profesor

  • - Diapositivas ( PPT) descargables na web*
  • - Guía do profesor *
  • Tamén dispoñible no apartado de contido didáctico

 

 

Materiais para os estudantes

- Guía para mozas - Guía para pais e nais - Folleto para mozos - Kit de mostras

 

 

 

 

 

 

 

ENTROIDO 2021

 

 Este ano foi un Entroido un tanto especial no cole debido a situación provocada polo COVID. Traballamos de igual modo na aula pero o especial foi adaptarse aos grupos  burbullas do cole ao non nos poder xuntar co resto do alumnado.

Na aula traballamos co poemario Berce de Peliqueiros da mestra xa xubilada Carmen Rivero Gallego, que é natural de Laza e que reflicte dunha maneira extraordinaria os sentimentos desta terra..

 

 

Celebramos un pequeno folión cos chocos no patio do cole e coa música dos bombos e as pederetas do cole.

Vimos o documental Entroidar, "Entroidar" é un proxecto documental que naceu da iniciativa do realizador audiovisual Pablo Ces tras coñecer a natureza do entroido de Laza a través da  ollada, a paixón e a enerxía de Jacobo, un mozo deste pobo ourensán que vive por e para o Entroido, como bo lazán.

Entroidar (2020) - FilmAffinity

 

 

 Fixemos os bonecos de compadres e comadres que este ano quedaron indultados, esperando para o vindeiro curso.

25 NOVEMBRO - DÍA DA NON VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

O 25 de novembro conmemórase anualmente o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller para denunciar a violencia que se exerce contra as mulleres en todo o mundo e esixir políticas en todos os países para a súa erradicación.

O alumnado de 4º, 5º, 6º de EP  elavoramos o seguinte vídeo utilizando como recurso as noticias dos xornais que chegan ao cole diariamente co fin de visualizar e denunciar esta lacra.

 

"TEMOS que garantir que os nosos centros educativos sexan verdadeiras escolas de liberdade, democracia e igualdade. A violencia contra as mulleres é unha realidade tamén entre a nosa mocidade, nas nosas aulas, polo tanto, o noso sistema educativo debe ser un claro axente de prevención ” 

 

 

Para concienciar ao alumnado desta problemática vimos os  VIDEOS nos que en só minuto e medio estudantes ilustran episodios de malos tratos domésticos con algúns dos actores e actrices nacionais máis famosos .

 

 AS cinco curtametraxes premiadas no concurso '- es +, o cine para ser a voz dos que están en silencio' están baseadas en guións escritos por alumnos de 3o e 4o da ESO e 1o de bacharelato. Especialistas en intervención en situacións de violencia de xénero e directores de cine como Icíar Bollaín actuaron como coordinadores do proxecto, transmitindo a metodoloxía necesaria aos profesores para que poidan traballar cos alumnos no desenvolvemento de guións para as curtametraxes. Ademais, máis de 15.000 estudantes de 21 cidades foron ao cine a ver películas relacionadas con esta lacra social. AS curtametraxes rodáronse coa colaboración altruísta de directores da talla de Chus Gutiérrez, Gracia Querejeta, Ángeles González Sinde, Daniel Guzmán, Marta Belaustegui e Jesús Ruiz; e os actores e actrices Víctor Elías, Emma Suárez, Eduard Fernández, Roberto Enríquez e Malena Alterio, entre outros. "Vivir ou morrer"

 

 ‘VIVE o muere’

 

 

‘NUNCA es tarde para hacerte valer’

 

 

‘SINRAZÓN’

 

‘SIN pensarlo dos veces’

‘BAJO la máscara’

 

 


 

 Juan Luis Rivero Gallego

CHARLA COVID - HEROES CONTRA O CORONAVIRUS

Esta semana tivemos os talleres do COVID por parte do SERGAS no cole de Laza. Foron dirixidas por parte dun enfermeiro do Hospital de Verín por unha banda para o alumnado de Infantil e por outra para 4º, 5º e 6º de Primaria.

 

 As temáticas a tratar foron:

  • Coñecemento do virus a través de videos
  • Formas de transmisión do virus
  • Medidas de prevención a adoptar
  • Concienciación da importancia de protexerse e protexer ós demáis

 

Pupas, Sustos e Outros Desgustos, ten deseñado un programa de intervención nos centros, con material didáctico gráfico e audiovisual de apoio, de utilidade aos docentes no traballo co alumnado, co obxectivo de manter viva e actualizada esta materia de xeito transversal aos programas de cada nivel educativo.

 

 O programa Heroes contra o Coronavirus ten por obxectivo achegar, a todos os alumnos, alumnas e docentes dos centros educativos da provincia, información a este respecto, e facelo de forma dinámica, amena e participativa, en función dos distintos niveis educativos, infantil, primaria, etc.

Para poder chegar á maior parte de centros, no menor tempo posible, empregarán a metodoloxía de “formación concéntrica”, con aulas “piloto” de cada nivel educativo en cada centro, de acordo coa proposta de cada colexio, para que sexan posteriormente esas aulas as que expandan a formación ao conxunto, sempre coa apoio do equipo formador, aberto a novas visitas ou intervencións a demanda dos centros.

 

Pupas, sustos y otros disgustos: FAMILIA PUPAS

O obxectivo central do programa deseñado en Ourense para a comunidade educativa, é motivar e empoderar aos nenos e nenas, facendoos responsables do seu autocoidado sempre dun xeito práctico, ameno e participativo. Para elo están deseñados obradoiros diferenciados para Infantil; Primaria; ESO, Bacharelato-FP e para o profesorado.

 


 

 

Juan Luis Rivero Gallego

Distribuir contido