Orientación

PROTOCOLO PREVENCIÓN, DETECCIÓN E TRATAMENTO DO ACOSO ESCOLAR E O CIBERACOSO

 

    Grazas a este documento o  alumnado contará cunha maior protección fronte ás situacións de acoso.

    O protocolo, ademais, facilitará que se faga máis efectivo o principio de protección á vítima desde o momento en que se detecte unha situación susceptible de provocar dano, xa que desde ese primeiro instante a potencial vítima contará cunha persoa de atención e de apoio.

    O protocolo busca ser unha guía de axuda na prevención das situacións de acoso, na detección de posibles situacións e no tratamento cando a situación xa se produciu e o centro debe intervir. Tanto o documento como os anexos que o acompañan, pretenden facilitar e axilizar a súa posta en práctica, recollendo estratexias de prevención e de actuación, así como a lexislación relativa a todo o procedemento. O obxectivo é a prevención e erradicación das posibles situacións de acoso escolar que poidan xurdir nos centros educativos galegos.

     O devandito protocolo dá continuidade á Lei 4/2011 de convivencia e participación da comunidade educativa, e proximamente publicarase o decreto que a desenvolva, así como outros recursos para o asesoramento na elaboración de plans de convivencia para cada centro de ensino.

 

 

AdxuntoTamaño
protocolo acoso escolar e ciberacoso.pdf384.43 KB