Información básica sobre a protección de datos

 

CARTELERÍA

 

   
     

 

 

 

PÍLULA DE SEGURIDADE - DOCUMENTOS

 

 

 

PROTECCIÓN DE DATOS

Formación didáctica

 

PFPP - Proxecto de formación permanente do profesorado

CEIP O CASTIÑEIRO 2023 -2024

 

  • Normas de uso dos distintos medios de comunicación dixital e aplicación da política de uso aceptable dos medios de comunicación establecida nas comunidades educativas.
  • A protección de datos persoais, privacidade e dereitos dixitais.

 

 

 

Protección de Datos Nos Centros Educativos by CEIP O CASTIÑEIRO LAZA on Scribd

 

 

 

 

 

 

SESIÓN FORMATIVA SOBRE SEGURIDADE E PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS

CURSO 2023 - 2024

 

 

 

 

Actividade enmarcada no contexto do Grupo de Traballo de Cidadanía do Nodo galego de ciberseguridade CIBER.gal, grazas a colaboración de APDTIC, empresa adherida a CIBER.gal, e Amtega, entidade fundadora de CIBER.gal

 

 

 

 

 

 AVISO NO CENTRO PROTECCIÓN DATOS

 

DECÁLOGO DE PROTECCIÓN DE DATOS

 

 

Protección de Datos de Carácter Persoal CEIP O Castiñeiro 2022- 2023 PFPP by ceipcastinheiro on Scribd

   

https://www.slideshare.net/CEIPOCASTIEIROLAZA/proteccin-de-datos-de-carcter-persoal-ceip-o-castieiro-2022-2023-pfpppptx

 

Responsables do tratamento de datos:

  • Identidade (centro educativo): Colexio de Educación Infantil e Primaria (CEIP) O Castiñeiro
  • Dirección Postal: Rúa Castiñeiro 1, 32620 Laza (Ourense)
  • Correo electrónico:  ceip.castinheiro@edu.xunta.gal

 

Finalidade:

  • O obxectivo principal do tratamento dos datos persoais é a referida á xestión escolar e as actividades do centro educativo.

 

Tipo de datos:

  • Orixe e ambiente familiar e social
  • Características e condicións persoais.
  • Desenvolvemento e resultados da escolarización
  • Aquelas circunstancias que sexa necesario coñecer para educar e orientar ao alumnado e ás súas familias.
  • Datos da saúde sempre e cando sexan significativos para o desenvolvemento da actividade docente e sempre mirando pola seguridade e en beneficio principalmente do alumnado e do profesorado do centro.
  • Imaxes e reportaxes audiovisuais.

 

Como se obteñen os datos:

Os datos anteriores serán recollidos nos períodos de matrícula, nas diversas reunións tanto individuais coma colectivas que se realicen, durante a escolaridade dos nenos e nenas.

 

Datos de saúde

No relacionado cos datos de saúde sempre e cando se produza algunha alteración ou novidade no estado de saúde sería recomendable coñecer eses cambios e a evolución dos mesmos. No caso de considerar que son datos pertinentes ou que deben formar parte do expediente individual do neno ou nena formarán parte do arquivo e xestionaranse coma o resto dos datos.

De darse o caso de nenos ou nenas inscritos no programa de alerta escolar ou nunha situación delicada, seguirase o protocolo preciso para dar a información necesaria ás persoas implicadas para saber as pautas de actuación. Favorecerase neste caso a difusión da situación concreta co fin de posibilitar evitar problemas ou situacións de risco.

Datos e resultados da escolarización e orientación educativa.

Os resultados acadados ao longo da escolarización do neno ou nena serán tratados de forma confidencial, tendo as familias acceso a estes datos a través de diferentes medios:

  • A través dos boletíns informativos (dispoñibles en formato papel e a través da aplicación AbalarMobil ou espazo abalar) que se notifican ás familias trimestralmente (aproximadamente).
  • A través das titorías ou entrevistas individuais que realizan co personal docente.
  • A través das diferentes probas, test, entrevistas e outros medios que faciliten a función titorial e orientadora co fin de mellorar a atención ao alumnado no seu desenvolvemento académico e persoal.

Imaxes e reportaxes audiovisuais.

O CEIP O Castiñeiro poderá realizar gravación de imaxes (vídeo e fotografía) con fins educativos nos diferentes traballos escolares e avaliacións.
Ademais desta finalidade estritamente académica, o centro nas diferentes actividades extraescolares e complementarias, saídas educativas, actividades puntuais e visitas escolares poderá realizar estas gravacións e difundilas sempre e cando conte coa autorización pertinente. Para isto, as familias no momento da matrícula do alumnado ou no momento de actualización de datos, asinará a autorización de uso das imaxes. Estas imaxes poderán ser empregadas e difundidas na páxina web e a súa galería de imaxes, ou blog do centro ou institucional, na revista escolar e en medios de comunicación.
                  
Así mesmo, autorízase o tratamento da imaxe en contornas, aplicacións ou ferramentas virtuais prestadoras de servizos en nube, redes sociais, ou servizos de mensaxería ... (asociados á conta de Twitter do centro e ás aplicacións que se empreguen dentro dos servizos prestados por Google a través da aplicación Google Suite para Educación que emprega o centro e que se describen de seguido), e autorízase a posible transferencia internacional de datos, derivada do seu uso, aos países nos que se atopen os seus servidores.

Os servizos asociados a estas ferramentas son:

 

As imaxes, vídeos e material audiovisual pertencen ás contornas educativas do centro e non está "permitido" difundilas a outros medios abertos da rede. Poderán gardalas para uso propio pero será responsable da difusión incorrecta a persoa que as divulgue, non o centro.

Non estarán autorizadas a realizar gravacións de imaxes dos nenos e nenas nin das actividades do centro as familias e aquelas persoas que non estean autorizadas a tal fin. O emprego destas imaxes e o seu uso é responsabilidade das propias persoas que ou ben fixeron esas gravación ou empregaron esas imaxes.

Destinatarios:

Os datos serán empregados polo centro educativo cando sexan precisos para o desenvolvemento da función docente e orientadora. Estes datos estarán á disposición do centro e da administración educativa (Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Ministerio de Educación e Formación Profesional).

Dereitos sobre estes datos:

As familias e persoas que teñan a tutela dos nenos e nenas poderán acceder, modificar e rectificar os datos, de tal forma que faciliten o acceso ás familias, o seu contacto ou o coñecemento da súa realidade sociocultural co fin de axudar e mellorar no posible o desenvolvemento do neno ou nena durante a súa etapa de escolarización no centro educativo.

Uso dos datos:

Como xa se especificou en apartados anteriores os datos recollidos e os documentos e datos xerados no centro serán de carácter confidencial na súa maioría.
Así mesmo haberá documentos de xestión do centro que se poderán facer públicos ou ben por normativa ou ben por considerar que poden ser de interese para a comunidade educativa. Dentro destes documentos facemos referencia á normativa de aplicación, planificación de actividades docentes, plans de actuación,...

 

 

 Protocolo_proteccion_datos_v1.0.pdf

AdxuntoTamaño
protocolo_proteccion_datos_v1.0.pdf698.37 KB
Protección de datos de carácter persoal CEIP O Castiñeiro 2022- 2023 PFPP.pdf370.34 KB
DECÁLOGO PD.jpg146.36 KB
Decálogo de protección de datos CEIP O Castiñeiro.pdf252.39 KB
AVISO PROTECCIÓN DATOS.pdf2.68 MB
PÍLULA SEGURIDADE DOCUMENTACIÓN.pdf751.72 KB
PÍLULA SEGURIDADE DOCUMENTACIÓN.pdf751.72 KB
PROHIBIDO SACAR FOTOS E VÍDEOS.pdf1.54 MB