O noso centro

 

 


 

DATOS DO CENTRO

   

 


 

OFERTA EDUCATIVA

 


 

HORARIO ESCOLAR

 

 


 

 

ONDE ESTAMOS?

 

 

 

O C.E.I.P. "O CASTIÑEIRO" atópase no concello de Laza, que pertence á comarca de Monterrei.  Este concello está situado no suroeste da provincia de Ourense.

 

 

 

  

Limita ó Norte cos concellos de Montederramo e Chandrexa de Queixa, ó Sur cos concellos de Castrelo do Val e Monterrei, ó Leste con Vilariño de Conso e Castrelo do Val e ó Oeste con Vilar de Barrio, Sarreaus e Cualedro.  

 

 

 

 

 

Ten unha superficie de 215,90 km², sendo un dos concellos máis extensos de Galicia. A súa latitude é de 42º 03’ 5’’ N e a lonxitude de 7º 27’30’’ O. A altitude é de 482 m sobre o nivel do mar.

 

A súa poboación é de 1.331 habitantes distribuída nas parroquias de Laza, O Castro, Alberguería, Carraxo, Matamá, Camba, Cerdedelo, Retorta, Trez e Toro.

 

 

 

 

 

O resto das aldeas pertencentes ó concello de Laza son: Arcucelos, As Eiras, Naveaus, O Navallo, O Pereiro, O Santo, Souteliño, Soutelo, Tamicelas e Vilameá.

 

 

O concello de Laza atópase rodeado na parte Norte e Nordeste por unha área montañosa que comprende as serras de: San Mamede, Fial das Corzas e Invernadoiro, sendo este último un espazo natural protexido.

Ó Sur temos tamén importantes cordais montañosos nos que destaca o “Llano das minas“. Polo Oeste rodéannos o Monte Meda, Altos de Baldriz, e Alto de Penalba.

Deste xeito o centro do concello queda nunha depresión formada polo río Támega.

Este sector central, aparece recuberto por aluvións de orixe terciaria e cuaternaria que na súa área sur pertencen xa ó val de Monterrei.

 

Se queres ver onde estamos no mundo con outro visor (Local Google) podes pinchar na seguinte imaxe e de paso podes tratar de atopar a túa casa, colexio, outro pais,....

 

https://sixpac.xunta.es/visorhtml5/

 

 

 

Usando o zoom (+) pódeste acercar ata ver estas imaxes e as frechas serven para ir á dereita, esquerda, arriba ou abaixo.

 

AdxuntoTamaño
Horario centro.pdf140.47 KB