Convivencia

Traballar a convivencia é visto pola comunidade educativa como unha necesidade, e este plan de convivencia establece as liñas a seguir no centro en canto a convivencia se refire.

O plan de convivencia entende os conflitos dende un punto de vista dinámico epacífico, e quérese que sexa un instrumento útil no seu afrontamento por parte dos docentes e do alumnado e poder transmitir as familias a conveniencia dunha educación para a paz.

Pártese para a súa elaboración nas reflexións de toda a comunidade educativa sobre o modelo de convivencia .Para que sexa efectivo debe ser coñecido e asumido por todos e cada un dos compoñentes da comunidade educativa: alumnado, profesorado, familias, traballadores do centro … Este Plan de Convivencia encóntrase incluído dentro do Proxecto Educativo e está en consoancia coas directrices alí enmarcadas: principio de inclusión, igualdade,...

Quérese que este plan regule as relacións que se establecen dentro do centro e que armonice as relacións do centro co entorno.
A procura dun clima nas aulas relaxado e cordial é un obxectivo primordial para que as aprendizaxes sexan máis significativas, que se caractericen polo respeto mutuo, o diálogo, a tolerancia e atención á diversidade.

 

 

 

AdxuntoTamaño
PLAN DE CONVIVENCIA20 19-20.pdf819.94 KB