25 NOVEMBRO - DÍA DA NON VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

O 25 de novembro conmemórase anualmente o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller para denunciar a violencia que se exerce contra as mulleres en todo o mundo e esixir políticas en todos os países para a súa erradicación.

O alumnado de 4º, 5º, 6º de EP  elavoramos o seguinte vídeo utilizando como recurso as noticias dos xornais que chegan ao cole diariamente co fin de visualizar e denunciar esta lacra.

 

"TEMOS que garantir que os nosos centros educativos sexan verdadeiras escolas de liberdade, democracia e igualdade. A violencia contra as mulleres é unha realidade tamén entre a nosa mocidade, nas nosas aulas, polo tanto, o noso sistema educativo debe ser un claro axente de prevención ” 

 

 

Para concienciar ao alumnado desta problemática vimos os  VIDEOS nos que en só minuto e medio estudantes ilustran episodios de malos tratos domésticos con algúns dos actores e actrices nacionais máis famosos .

 

 AS cinco curtametraxes premiadas no concurso '- es +, o cine para ser a voz dos que están en silencio' están baseadas en guións escritos por alumnos de 3o e 4o da ESO e 1o de bacharelato. Especialistas en intervención en situacións de violencia de xénero e directores de cine como Icíar Bollaín actuaron como coordinadores do proxecto, transmitindo a metodoloxía necesaria aos profesores para que poidan traballar cos alumnos no desenvolvemento de guións para as curtametraxes. Ademais, máis de 15.000 estudantes de 21 cidades foron ao cine a ver películas relacionadas con esta lacra social. AS curtametraxes rodáronse coa colaboración altruísta de directores da talla de Chus Gutiérrez, Gracia Querejeta, Ángeles González Sinde, Daniel Guzmán, Marta Belaustegui e Jesús Ruiz; e os actores e actrices Víctor Elías, Emma Suárez, Eduard Fernández, Roberto Enríquez e Malena Alterio, entre outros. "Vivir ou morrer"

 

 ‘VIVE o muere’

 

 

‘NUNCA es tarde para hacerte valer’

 

 

‘SINRAZÓN’

 

‘SIN pensarlo dos veces’

‘BAJO la máscara’

 

 


 

 Juan Luis Rivero Gallego