Lettering na aula. Obradoiro de diseño e caligrafía creativa

Esta nosa aula, é un espazo bule-bule, sempre creativo e sempre dando entrada á imaxinación, a creatividade e á forza da palabra. As palabras están compostas por letras, e as letras son a voz da mensaxe. Así que fai 2 cursos descubrimos os obradoiros de Lettering ou caligrafía creativa.

O lettering é unha ferramenta persoal que comunica, é expresivo, o autor debuxa, coñece as letras e os distintos alfabetos, estimula a creatividade, leva tempo pero fai que a calma, a concentración e a reflexión veña a ti. É unha actividade realmente enriquecedora en todos os sentidos. Saboreas o proceso e aprendes moito. O alumnado estivo realmente aplicado e colaborador, así que confiamos en ver resultados das súas obras de arte moi pronto.

 

 

 

 Graciñas á profe Natalia por este pequeno obradoiro de remate de curso