ENTROIDO 2021

 

 Este ano foi un Entroido un tanto especial no cole debido a situación provocada polo COVID. Traballamos de igual modo na aula pero o especial foi adaptarse aos grupos  burbullas do cole ao non nos poder xuntar co resto do alumnado.

Na aula traballamos co poemario Berce de Peliqueiros da mestra xa xubilada Carmen Rivero Gallego, que é natural de Laza e que reflicte dunha maneira extraordinaria os sentimentos desta terra..

 

 

Celebramos un pequeno folión cos chocos no patio do cole e coa música dos bombos e as pederetas do cole.

Vimos o documental Entroidar, "Entroidar" é un proxecto documental que naceu da iniciativa do realizador audiovisual Pablo Ces tras coñecer a natureza do entroido de Laza a través da  ollada, a paixón e a enerxía de Jacobo, un mozo deste pobo ourensán que vive por e para o Entroido, como bo lazán.

Entroidar (2020) - FilmAffinity

 

 

 Fixemos os bonecos de compadres e comadres que este ano quedaron indultados, esperando para o vindeiro curso.