PROGRAMA EDUCATIVO SOBRE A ADOLESCENCIA

 

O PROGRAMA 

 

Participamos, guiados por Ana, a orientadora do cole, no Programa educativo sobre a adolescencia, centrado nos cambios físicos e emocionais da adolescencia especificamente deseñado para alumnos e alumnas de 11 a 13 anos.

 

 

O programa permítenos adaptarnos á realidade actual dos mozos, e prover aos adolescentes das ferramentas que necesitan para crecer saludablemente tanto física como psicoloxicamente. Tras consultar a expertos en psicoloxía adolescente que traballan con mozas a diario, engádese un novo módulo ao programa para profundar na perda de confianza que tan frecuentemente acompaña os cambios físicos que teñen lugar durante a puberdade.

 

 

OBXECTIVOS

 

Está especificamente deseñado para axudar a mozos e mozas a identificar: Os cambios emocionais, dándolles confianza para conseguir todos os seus obxectivos e romper os estereotipos, reforzando así a súa autoestima.Os cambios corporais, ofrecendo respostas directas ás grandes cuestións. Este módulo inclúe tamén unha lección sobre produtos de hixiene feminina, con mostras de produtos para as alumnas.

 

 

 

 

DOCUMENTOS

VÍDEOS

 

 

 

Con todo o material necesario para poder impartir a clase, que está composto por: Unha presentación en PowerPoint que inclúe vídeos educativos descargables, os cales están especificamente deseñados para ser proxectados en clase, durante a explicación do profesor. Unha guía para o profesor, que inclúe contido educativo para axudarche cos puntos crave que cobre a explicación. Mostras de produto de hixiene feminina, que se poden repartir ás alumnas durante a clase, e guías con información adicional para as nenas e para as súas nais. Unha guía para mozos con contido relacionado cos cambios na puberdade.

 

Materiais para o profesor

  • - Diapositivas ( PPT) descargables na web*
  • - Guía do profesor *
  • Tamén dispoñible no apartado de contido didáctico

 

 

Materiais para os estudantes

- Guía para mozas - Guía para pais e nais - Folleto para mozos - Kit de mostras