DÍA DO LIBRO NO CEIP ADR CASTELAO DE ORDES

Con motivo da conmemoración do "Día do Libro", dende o Equipo de Biblioteca, preparamos unha exposición titulada "Lendo por Ordes" para a cal contamos coa colaboración das familias do alumnado, que aportaron fotografías dos cativos e das cativas lendo en lugares emblemáticos de Ordes; para así continuar dando forma ao Proxecto "Un paseo por Ordes" que estamos a desenvolver ao longo de todo o curso no colexio.

Preme na imaxe para ver unha presentación con todas as fotografías:

 

Así mesmo, quixemos facer tamén un pequeno apartado no que incluír obras sobre o noso concello e un libro recompilatorio das narracións orais que elaborou o alumnado de 6º curso de Educación Primaria con motivo da celebración do "Día da narración oral".

 

Dita obra, feita polo alumnado de 6º de E.P., irá acompañada das ilustracións feitas por eles/as mesmos/as coa axuda dunha ilustradora profesional do noso concello; Laura Romero, coa que traballará o alumnado de 6º nun obradoiro. De igual xeito, este apartado da exposición foi completado con ilustracións da vila de Ordes cedidas por Laura Romero ao noso centro.

Preme na fotografía para visitar a web de Laura Romero.

 

 

 

E como remate do gran traballo do alumnado e do profesorado en relación coa nosa vila, quixemos recoller de xeito rotatorio traballos elaborados polas diferentes titorías e familias en relación coa nosa vila (as parroquias, o Museo do Traxe, as nosas receitas, o Soldado Lois, etc) e presentalas na sección "Lemos sobre Ordes", que estará viva e cambiará de aquí ao remate do curso.

 

 

4º DE EDUCACIÓN INFANTIL ASISTE A UN CONCERTO DIDÁCTICO NO CONSERVATORIO HISTÓRICO

OS NENOS E AS NENAS DE 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL FORON POR PRIMEIRA VEZ A UNHA SAÍDA DIDÁCTICA CO COLEXIO.

FORON AO CONSERVATORIO HISTÓRICO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA E ASISTIRON A UN CONCERTO DIDÁCTICO.

 

 

PASÁRONO MOI BEN E A EXPERIENCIA FOI XENIAL!!!

AGARDAMOS REPETIR EN BREVE!!!

 

 

O CANTAUTOR HECTOR LORENZO ACTÚA NO CASTELAO

O CANTAUTOR HÉCTOR LORENZO VISÍTANOS PARA DAR A COÑECER O SEU TRABALLO "COUSAS DE PAPÁ".

Se queres coñecer un pouco máis da obra preme na imaxe...

Resultado de imagen de COUSAS DE PAPÁ HECTOR LORENZO

E ASÍ DE BEN O PASAMOS...

 

GRAZAS POLA TÚA VISITA!!

 

 

VISÍTANOS UN LUTIER DE ORDES

O 6 de abril visitounos no Castelao M. Manuel Vázquez Pena, máis coñecido como Manel, un Luthier do noso concello.

Trouxo ata a nosa escola moitos dos instrumentos que el mesmo fabrica de xeito artesanal. Tamén nos trouxo os materiais e ferramentas que emprega para construílos e explicounos cales son as madeiras e peles mais axeitadas para cada un deles. Vimos como domeaba as madeiras para facer os aros das pandeiretas, pandeiros e tambores. Tamén vimos como insertaba as peles, as ferreñas,  os bordóns e todas e cada unha das pezas que forman parte dos instrumentos de percusión da nosa música tradicional.



Moitas grazas Manel por amosarnos tan ben o teu traballo.

Se queredes visitar a páxina web deste artesán, premede aquí.

 

 

5º DE EDUCACIÓN INFANTIL ASISTE A UN CONCERTO DIDÁCTICO NO CONSERVATORIO HISTÓRICO

O ALUMNADO DE 5º DE EDUCACIÓN INFANTIL DO COLE ASISTÍU O DÍA 6 DE ABRIL A UN CONCERTO DIDÁCTICO NO CONSERVATORIO HISTÓRICO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA.

FOI UNHA EXPERIENCIA FERMOSA NA QUE PUIDEMOS FORMAR PARTE DO ESPECTÁCULO!! PASÁMOLO XENIAL!!

MOITAS GRAZAS AOS PROFESORES E PROFESORAS DO CONSERVATORIO QUE TAN BEN NOS TRATAN CADA VEZ QUE OS VISITAMOS (preme nos seus nomes para coñecelos mellor):

ESTHER SOBAL

ALBANO DIAS RIBEIRO

ADOLFO URRABIETA

VERA KOLAR PALKOVSKA

 

 

VISÍTANOS O CONTACONTOS IAGO!!

NO CENTRO SEGUIMOS A DESFRUTAR DA LECTURA EN TÓDALAS SÚAS FORMAS.

DESTA VOLTA, VISITOUNOS NO CENTRO O CONTACONTOS IAGO LÓPEZ. PREPAROU UNHA DIVERTIDÍSIMA POSTA EN ESCEA PARA FACER DESFRUTAR AO ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL DA SÚA OBRA "O COCIÑEIRO MARTIÑO" (Xerais, 2016)

Pincha na imaxe para saber máis da súa obra.

Resultado de imagen de o cociñeiro martiño

AQUÍ PODEDES VER ALGUNHAS IMAXES DO CONTACONTOS IAGO E DOS AXUDANTES QUE TIVO NO NOSO COLE!!

 

ASEGURÁMOSVOS QUE O PASAMOS EN GRANDE!!!

AGARDAMOS VOLVER DESFRUTAR DE IAGO EN BREVE!!!!

 

 

ALUMNADO DE 1º E 2º DE ED. PRIMARIA VAI AO CINE!!!

O alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria foi ao cine a Santiago de Compostela. Viron a película Ballerina e encantoulles!!!

Pasámolo xenial!!!

 

ATLETISMO EN PISTA - XORNADA DE NOIA (01/04/2017)

O pasado sábado 1 de abril, 10 alumnos/as do noso centro, en representación do alumnado de 4º e 5º de Ed. Primaria, participaron na Xornada Clasificatoria de Atletismo en Pista ao Aire Libre, que se disputou nas Pistas de Atletismo do Estadio de San Lázaro en Noia, incluída no programa XOGADE da Secretaría Xeral para o Deporte.

Para a totalidade dos/as nosos/as representantes esta foi a primeira toma de contacto co deporte do atletismo e a experiencia foi moi positiva, ademais de acadar uns resultados destacados.

No seguinte enlace podedes consultar as clasificacións finais das diferentes probas realizadas durante a xornada:

http://www.atletismogalego.com/Resultados201617/santiago/rnoia010417.pdf

 

 

 

DÍA DA ÁRBORE

Resultado de imagen de día da árbore

Para conmemorar o día da árbore, o alumnado de 3 anos en colaboración con persoal do concello plantaron unha árbore no parque que hai detrás do Instituto Nº 1 de Ordes.

Todos e todas axudamos un pouquiño... e cada vez que vaiamos a ese parque lembrarémonos de que está aí grazas ao noso esforzo!!

 

FELIZ DÍA DA ÁRBORE A TODOS E A TODAS!!

 

 

 

 

OS LIBROS E A LECTURA ACOMPÁÑANNOS TODO O ANO...

DENDE A BIBLIOTECA DO CENTRO NON QUEREMOS DEIXAR DE PROMOVER A LECTURA EN NINGÚN MOMENTO... POR ISO VOS MOSTRAMOS A TODOS E A TODAS O CALENDARIO DO LIBRO E DA LECTURA DESTE 2017 PROMOVIDO DENDE A XUNTA DE  GALICIA;NO QUE OBSERVAMOS QUE CALQUERA MOMENTO DO CURSO É PROPICIO PARA TRABALLAR OS LIBRO E A LECTURA.

VIMOS DE CONMEMORAR O DÍA DA NARRACIÓN ORAL, O DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL E EN BREVE VOS MOSTRAREMOS TODO O TRABALLO QUE ESTAMOS A DESENVOLVER DE CARA Á CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO!!

LER PERXUDICA GRAVEMENTE A IGNORANCIA!!!