Conmemoracións

CELEBRACIÓN DO DÍA DA ÁRBORE

O 21 de marzo de 2024 o alumnado de 4º C conmemorou o Día da Árbore realizando, xunto coa Concelleira de educación de Ordes, a plantación dun limoeiro proporcionado polo Concello. 

AGASALLO DO CONCELLO DE ORDES AO ALUMNADO DO CEIP CASTELAO

Como conmemoración do 50º aniversario do centro, o Concello de Ordes agasallou ao noso alumnado cun lote de obxectos: mochila, caderno, lapis e pinturas serigrafiado co motivo da celebración.

Desde a dirección do centro agradecemos este detalle por parte do Concello de Ordes.

 

Semana do libro

Para conmemorar a Semana do Libro, os nenos e nenas do colexio deixaron unhas recomendacións lectoras dos seus libros favoritos en formato radio, para que todos poidades telo en conta á hora de facer unha escolla cando pasedes pola biblioteca.

Preme na imaxe para escoitalo

 

 


12.79 MB

ENTROIDO 2023

 

CONSIGNAS DO MECO 2023

LUNS 13-2-2023. Para o entroido comezar, algo na cabeza terás que levar.

MARTES 14-2-2023. Para moito te divertir, cun calcetín de cada cor tes que vir.

MERCORES 15-2-2023 Para frío non pasar, o pixama deberás acomodar e ben quentiño toda a mañá estar.

XOVES. 16-2-2023 Para a diversión seguir, disfrazado como queiras podes vir.

 

 

 

O VENRES... FESTA RACHADA NA ESCOLA!!!

 

INTERNATIONAL PEACE DAY

 

O alumnado de 3º nivel na área de Educación Plástica e Visual realizaron uns molinillos conmemorando o día da paz.

 

XORNADA DE NADAL (22 DE DECEMBRO DE 2022)

CHEGA O NADAL!

Infórmase a todas as familias que o vindeiro xoves 22 de decembro celebraremos a chegada do Nadal coas seguintes actividades.

Visita dos Reis Magos de Oriente. Esperarán aos nenos e nenas na biblioteca onde, ademais estará a caixa do correo real para aquel alumnado que queira deixar a súa carta.

-      Haberá rosca e chocolate para adozar o día.

-    Celebrarase a festa de Fin de Ano ao son das badaladas que soarán ás 12:00 do mediodía. Para iso virán vestidos coas súas mellores galas.

SAMAÍN 2022

 

PREMEDE NA IMAXE PARA ACCEDER AO VÍDEO