A CONTA ATRÁS NO CASTELAO
A CONTA ATRÁS NO CASTELAO
Seguimos ca conta atrás para as cacaciós e hoxe
lembranos unha serie mítica dos anos 80. Todos e
todas queriamos ser Sandokan. Todos corriamos a coller
o libro na biblioteca, incluso os rapaces e rapazas que non
querían ler.
Que tempos!!
A CONTA ATRÁS NO CASTELAO
A CONTA ATRÁS NO CASTELAO
Fixádevos que marabilla nos chega no
terceiro día da conta atrás.
Un luxo ter un sempre a man para seguir lendo e rindo.
Sempre con ganas de máis aventuras!!
Era moi común intercambialos con compañeir@s, collelos
na biblioteca, pedirllos aos Reis Magos...
Creo que aínda nos gustan agora, non si?
A CONTA ATRÁS NO CASTELAO
A CONTA ATRÁS NO CASTELAO
No segundo día na conta atrás no Castelao enviáronnos 3
fotos antigas do colexio.
Alguén lembra a que ano poden pertencer estas fotos?
A CONTA ATRÁS NO CASTELAO
A CONTA ATRÁS NO CASTELAO
Comezamos a conta atrás no Castelao cun conto
moi especial: Os ratos esfameados.
Este conto foi creado polo alumnado de 4 escolas
unitarias do concello de Ordes: Merelle, Buscás, Beán
e Montaos durante o curso 2011 - 2012. Os seus autores
eran alumn@s destas escolas de Infantil e 1º Ciclo de
Primaria e despois foron alumn@s deste colexio a gran
maioría.
Se premedes aquí podedes desfrutar desta historia
marabillosa.
Unha copia impresa deste conto pódese atopar na
biblioteca do centro ou tamén na biblioteca municipal
do concello.
Begoña (directora do centro) e María mestras neste
centro en aquel momento eran mestras en dúas
desas escolas.
ARRANCA O CLUB DE CIENCIA
O LABORATORIO DE CASTELAO
Onte deu comezo o Programa de Innovación educativa "Club de
Ciencia". Nel participan alumnado de 3º,4º e 5º de Primaria que
levarán a cabo diversas investigacións e experimentos científicos.
Nesta primeira xornada ademáis de coñecer que é o método
científco tamén deu tempo a realizar dous experimentos:vermes
bailaríns e o vomitador.
Nas seguintes imaxes podedes ver un pequeno resumen desta
primeira xornada:
Para rematar o alumnado que asistiu a esta primeria xornada ten
que deseñar o logo do laboratorio. Teñen de prazo ata o 11
de decembro.
XA ESTAMOS DESEANDO
QUE CHEGUE
A SEGUINTE XORNADA!!
A CONTA ATRÁS NO CASTELAO
A CONTA ATRÁS NO CASTELAO
Este ano estamos de celebración no noso colexio.
Celebramos o seu 50 aniversario!
Para conmemorar esta significativa data convidámosvos a
participar NA CONTA ATRÁS para as vacacións.
Como podedes participar?
Pois contándonos cousiñas que vos pasaban cando erades
pequenos/as e iades á escola, como por exemplo:
- Cancións de xogos que faciades.
- Anécdotas que pasaron.
- Contos.
- Trabalinguas.
- Actividades que vos gustaban.
- Costumes propias do voso centro ( no Nadal, Entroido, fin
de curso...)
- Tamén podedes enviar fotografías.
Todo isto pode ser tanto relacionado co colexio Castelao
coma con calquera outro centro escolar.
Para enviar esta información pode ser en
formato vídeo, imaxe ou en documento escrito ao seguinte
correo:
biblioteca.ceip.castelao.ordes@edu.xunta.gal
Para calquera dúbida podedes enviar a vosa pregunta
ao correo mencionado anteriormente ou chamando ao
teléfono:881 88 08 81
ANIMÁDEVOS!!!
VOLVEDE Á INFANCIA!!!
MOCHILA VIAXEIRA
MOCHILAS VIAXEIRAS
PREPARADAS!!
Un curso máis o alumnado do cole está a participar na
actividade das mochilas viaxeiras.
Esta mochila é unha invitación a desfrutar dos libros, revistas... en
compañía, compartindo coa familia os sentimentos e as
sensacións que producen as lecturas propostas. E como novidade
este ano en cada mochila vai un xogo de mesa.
Cada neno/a terá durante 7 días a mochila na súa casa.
Se queredes ver o contido de cada mochila pinchade na seguinte
BOAS LECTURAS, FAMILIAS!!
25 N: DÍA INTERNACIONAL DA ELIMIINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES
NON AS DIGAS MÁIS
O 25 de novembro conmemórase o Día Internacional da
Eliminación da Violencia Contra as mulleres e
Botalerias quere lembrarnos unha serie de expresións
sexistas que usamos no noso día a día e que NON as
debemos decir.
A eliminación da linguaxe sexista debe comenzar dende a
escola e os voluntarios de Botalerias de 6ºC eleboraron un
mural no que están recollidas unha serie de expresións
que debemos evitar empregar, tantos nen@s como adult@s
xa que provocan diferencias de xénero dende idades
tempranas.
MALETA VIAXEIRA
MALETA VIAXEIRA
Esta semana chegounos ao colexio unha nova maleta
viaxeira. Esta vez o seu contido está relacionado co
mundo das ciencias.
O alumnado pode desfrutar dela durante un mes.