Xogade

PROGRAMA XOGADE

CAMPIONATO ZONAL DE BÁDMINTON DO PROGRAMA XOGADE DA XUNTA DE GALICIA (Toques, 20/04/2024)

O pasado sábado 20 de abril 13 alumnos/as do CEIP ADR Castelao de Ordes participaron,  na localidade de Toques, no Campionato Zonal de Bádminton do Programa Xogade da Xunta de Galicia, clasificatorio para o Campionato Provincial da modalidade que se celebrará o 11 de maio en Monfero.

Nesta competición os/as deportistas ordenses tiveron unha actuación moi destacada e catro deles/as (3 alumnas e 1 alumno) acadaron a clasificación para participar no Campionato Provincial ao lograr subir ao podio nas súas respectivas categorías.

PROGRAMA XOGADE

CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS DE CENTROS ESCOLARES.

Circuíto Virxe de Loreto (Porto do Son, 12/04/2024) 

O pasado venres 12 alumn@s  do CEIP ADR Castelao de Ordes, que previamente acadaran a clasificación na fase anterior celebrada en O Pino, participaron no Campionato Provincial de Campo a Través de Centros Escolares do Programa Xogade da Xunta de Galicia, acadando uns destacados resultados a nivel individual e proclamándose Subcampioas Provinciais as corredoras do equipo Infantil Feminino.

Preme aquí para ver a clasificación.

Preme aquí para ver o vídeo. 

FOTOGRAFÍAS

 

PROGRAMA XOGADE 2023-2024

  CAMPIONATO DE CROS DE CENTROS DE ENSINO DA ZONA DE SANTIAGO (A Magdalena – Castrofeito - O Pino, 01/12/2023).

O venres, 1 de decembro, celebrouse na área recreativa de A Magdalena, no Concello de O Pino, o Campionato Zonal de Cros de Centros de Ensino, no que o noso centro contou cunha representación de 50 alumnos/as de 4º e 6º de Ed. Primaria.

Neste campionato o noso alumnado tivo unha brillante actuación, destacando o 1º posto por equipos en categoría infantil feminina e o 2º posto individual acadado por Belén Rey Moar , tamén en categoría infantil.

Un total 11 alumnos/as do CEIP ADR Castelao acadaron a clasificación para participar no Campionato Provincial que se celebrará o venres 15 de marzo de 2024 en Porto do Son.


 

 

PROGRAMA XOGADE 2023-2024

Xogade - Xogade

I XORNADA INTERZONAL DE BÁDMINTON. 

Pavillón  Polideportivo de Trazo

(sábado, 11/11/2023)

O pasado sábado, 11 de novembro, unha representación de alumnado do noso centro participou na I Xornada de Liga Interzonal de Bádminton disputada en Trazo, na que participaron deportistas dos concellos de Arzúa, Boimorto, Frades, Melide, O Pino, Ordes e Toques.

XOGADE

CAMPIONATO PROVINCIAL DE BÁDMINTON-PROGRAMA XOGADE   (Outes, 20 de maio de 2023)

Actuación destacada das alumnas do noso centro no Campionato Provincial de Bádminton celebrado o pasado sábado en Outes, acadando os seguintes resultados:

 Martina Paz Raña - benxamín feminina.

Noa Calviño López - benxamín feminina.

Sabela García Santos - alevín feminina.

 

 

XOGADE

CAMPIONATO ZONAL DE BÁDMINTON DO PROGRAMA XOGADE (CLASIF. Ctº PROVINCIAL) - BOIMORTO 15/04/2023

 

PARA CONSULTAR A CLASIFICACIÓN PREME AQUÍ

 

XOGADE

Xogade - Xogade

IV XORNADA DE BÁDMINTON INTERZONAL DO PROGRAMA XOGADE 2022-2023 DISPUTADA O SÁBADO 25 DE MARZO NO PABILLÓN POLIDEPORTIVO MUNICIPAL DE LAMEIRO (O PINO)

 

XOGADE

CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A

TRAVÉS DE CENTROS ESCOLARES 2023

O pasado venres, 17 de marzo, celebrouse no Club de Campo de Ferrol o Campionato Provincial de Campo a Través de Centros Escolares, no que o noso centro contou cunha representación de 19 alumnos/as de 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria, os/as cales acadaran a clasificación na fase anterior celebrada en Santiago o 21 de xaneiro.

 

Neste campionato o noso alumnado tivo unha brillante actuación e na categoría alevín feminino as nenas proclamáronse subcampioa por equipos.Diseño de medalla de plata | Vector Gratis

PARA CONSULTAR OS RESULTADOS PREME AQUÍ

XOGADE

Xogade - Xogade

XORNADA DE BÁDMINTON INTERZONAL DO

PROGRAMA XOGADE 2022-2023 DISPUTADA O

SÁBADO 28 DE XANEIRO NO PABILLÓN

POLIDEPORTIVO MUNICIPAL DE TRAZO

Campo a través

CAMPIONATO COMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS

SANTIAGO DE COMPOSTELA 23/01/2023

 

 

 

PREME AQUÍ PARA ACCEDER Á CLASIFICACIÓN