Outras actividades
2º PREMIO NO CONCURSO LITERARIO DA AGRUPACIÓN CULTURAL O FACHO
Irene Darriba Rodríguez, alumna de 6º C do noso cole, obtivo por segundo ano consecutivo o 2º premio no concurso literario da Agrupación Cultural O Facho (Concurso de Contos de Nenos para Nenos 2024) co conto "Aislin, a nena das nubes".
A entrega de premios celebrouse o pasado venres 31 de maio en A Coruña.
Parabéns Irene!
CLUB DE CIENCIAS
VISITA DOS PARTICIPANTES DO CLUB DE CIENCIAS "O LABORATORIO DE CASTELAO" Á CASA DAS CIENCIAS DE A CORUÑA.
PROGRAMA XOGADE
CAMPIONATO PROVINCIAL DE BÁDMINTON-PROGRAMA XOGADE 2023/2024 (Monfero, 11 de maio de 2024)
Actuación destadacada d@s alumn@s do noso centro no Campionato Provincial de Bádminton celebrado o pasado sábado en Monfero.
1ª Campioa Provincial - Alba Fraga Franco (benxamín feminina).
5ª Irene Raña Vázquez (alevín feminina)
6ª Diego Raña Vázquez - (cadete masculino)
9ª Sabela García Santos (alevín feminina).
PROGRAMA XOGADE
CAMPIONATO ZONAL DE BÁDMINTON DO PROGRAMA XOGADE DA XUNTA DE GALICIA (Toques, 20/04/2024)
O pasado sábado 20 de abril 13 alumnos/as do CEIP ADR Castelao de Ordes participaron, na localidade de Toques, no Campionato Zonal de Bádminton do Programa Xogade da Xunta de Galicia, clasificatorio para o Campionato Provincial da modalidade que se celebrará o 11 de maio en Monfero.
Nesta competición os/as deportistas ordenses tiveron unha actuación moi destacada e catro deles/as (3 alumnas e 1 alumno) acadaron a clasificación para participar no Campionato Provincial ao lograr subir ao podio nas súas respectivas categorías.
PROGRAMA XOGADE
CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS DE CENTROS ESCOLARES.
Circuíto Virxe de Loreto (Porto do Son, 12/04/2024)
O pasado venres 12 alumn@s do CEIP ADR Castelao de Ordes, que previamente acadaran a clasificación na fase anterior celebrada en O Pino, participaron no Campionato Provincial de Campo a Través de Centros Escolares do Programa Xogade da Xunta de Galicia, acadando uns destacados resultados a nivel individual e proclamándose Subcampioas Provinciais as corredoras do equipo Infantil Feminino.
Preme aquí para ver a clasificación.
Preme aquí para ver o vídeo.
FOTOGRAFÍAS