Outras actividades

ACAMPADA NO COLEXIO

Unha boa parte do alumnado de 2º de Educación Primaria tivo a oportunidade de acampar no colexio unha noite. Estiveron xunt@s toda a tarde, cearon, durmiron en sacos e almorzaron ao día seguinte.

Foi unha gran experiencia e un fermoso recordo que @s acompañará para sempre!

 

PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO "ANIMAIS EN PERIGO DE EXTINCIÓN"

AO LONGO DESTE CURSO, EN TODAS AS AULAS DO CENTRO ESTÍVOSE TRABALLANDO ARREDOR DO TEMA DOS ANIMAIS EN PERIGO DE EXTINCIÓN.

COMO ACTIVIDADE FINAL, FÍXOXE UNHA EXPOSICIÓN NUN CORREDOR DO CENTRO COS TABOLEIROS RESUMO DAS FICHAS TÉCNICAS DOS ANIMAIS EN PERIGO SOBRE OS QUE SE TRABALLOU.

 

FOI UN GRAN TRABALLO DE INVESTIGACIÓN!!

 

FIN DE CURSO. 21 DE XUÑO DO 2019.

O último día de clase do curso é especial... e ademais dos nervos e das despedidas habituais neste día, fixemos actividades diferentes e entretidas!!

Participamos nun taller de chapas, festexamos cos/coas compañeir@s, fixemos merendolas e pequenas festas nas aulas e desfrutamos dun concerto a cargo de Pablo Díaz.

 

Grazas á ANPA do noso centro por facelo posible!!

 

PLAN PROXECTA. VISITA A RADIO ORDES

XA PODEDES ESCOITAR A ENTREVISTA QUE FOMOS FACER A RADIO ORDES, PARA FALAR DO PROXECTO "MASCOTEIR@S".

PREMEDE AQUÍ E PODEREDES ESCOITAR O BEN QUE O FIXEMOS!!!

 

Así agardabamos para entrar ao estudio...

 

Xa estabamos preparad@s para comezar!!

 

Coñecemos as instalacións... 

 

 

 

PLAN PROXECTA. INCUBADORA

Parte do alumnado que participa no Plan Proxecta estivo en contacto co proceso de eclosión de ovos. Desta volta colléronse ovos chocos de galiña e de codorniz e comezou o proceso nunha incubadora.

Nas seguintes imaxes podedes ver todo o proceso, que durou semanas e que lles mostrou aos cativos e cativas a gran responsabilidade que supón estar ao coidado de calquera animal.

Puxémoslle nome a cada un dos pitiños que naceron, limpámoslles a súa caixiña sempre que o necesitaron, démoslle de comer e de beber cada día, recibimos a visita de nenos e nenas doutras aulas que querían coñecer aos novos pitiños, etc. Foi toda unha responsabilidade pero estamos moi orgullos@s de ter participado nesta actividade.

 

 

O ALUMNADO DE 6º DE E.I. COÑECE OS ESPAZOS QUE OCUPARÁ O VINDEIRO CURSO

Xa levamos uns cursos facendo unha xornada de "portas abertas" para o alumnado de 6º de Educación Infantil e este ano non ía ser menos.

Os alumnos e alumnas que rematan Educación Infantil teñen sempre moitas dúbidas e preguntas acerca de como será o paso á Educación Primaria. Para facerlle eses proceso máis levadeiro, organizouse dende o Equipo Directivo unha visita guiada polas aulas e diferentes espazos que ocuparán o vindeiro curso 2019-2020.

Gustoulles moito ser recibidos polo alumnado de 2º de Educación Primaria, que deixa este ano tamén as súas aulas e, como cada ano, é un momento moi especial!

 

E tamén puideron visitar as aulas de inglés, informática, música...

Agardamos que o paso á Educación Primaria sexa para eles e elas un momento de ledicia!!

 

@S AXUDANTES DE BOTALERIAS PREPARAN UN CONTACONTOS PARA EDUCACIÓN INFANTIL

Unha parte do alumnado de 6º de Educación Primaria leva todo o ano exercendo de axudantes da Biblioteca Escolar e, para poñer o broche final ao curso, estiveron traballando e ensaiando para contarlles uns contos moi divertidos ás aulas de Educación Infantil.

Foron no tempo da hora de ler e foi todo un éxito!!!

Grazas Axudantes!! Sodes @s mellores!!

 

 

CONTACONTOS EVA VARELA. O COELLIÑO AVENTUREIRO

Acabamos de recibir no centro a visita dunha contacontos chamada Eva Varela. Vén do concello de O Pino e contounos o seu conto "O coelliño aventureiro", no que se traballa o tema da necesidade de facerlles caso ao que nos din os nosos pais e as nosas nais.

 

Dende o colexio, quixemos darlle unha sorpresa e veu o mesmísimo Botalerias en persoa a lerlle un poema que Eva escribiu á súa filla fai moitos anos e que, sen ser a súa intención, acabou sendo publicado nunha recompilación publicada pola Xunta de Galicia; "Escola de sentimentos".

 

 

Ao final, asinoulles, con infinita paciencia, todos os exemplares que os cativos e cativas lle achegaron.

 

GRAZAS POLA TÚA VISITA!!

 

O RAP D@S MASCOTEIR@S. PLAN PROXECTA.

Os grupo de clases que forma parte do Proxecto "Mascoteir@s", quérevos sorprender cun traballo final... un Rap!!

A letra foi composta por parte do alumnado e despois de ensaiar e aprendela, todo o alumnado das clases participantes grabou este videoclip...

Estamos encantad@s... e agradecemos enormemente ao pai e nai de Lucía e Alba Miranda Viana, alumnas do centro, xa que grazas ao seu traballo o videoclip puido ver a luz. Traballaron horas e horas do seu tempo libre para botarnos unha man no colexio... e o resultado non puido ser mellor!!!! GRAZAS!!

Premede na imaxe para velo

 

ASOCIACIÓN SEGUNDA OPORTUNIDADE, AMIGOS DA CANCEIRA DE ORDES.

Xa nesta recta final do curso, tivemos a sorte de recibir no centro a visita da directiva da Asociación Segunda Oportunidade, Amigos da Canceira de Ordes; Salomé Regos e Lucía Regos.

A esta charla, asistiu o alumnado de 6ºA, que levan traballando o tema das mascotas, dentro do Plan Proxecta, durante todo o que levamos de curso.

Foi unha actividade moi especial!!

Puideron coñecer de primeira man a labor que a Asociación desenvolve na canceira a través dun convenio asinado co concello de Ordes: viron que todo este traballo se fai de xeito voluntario e altruísta, que non sempre se conseguen as adopcións que se desexan, etc.

Fixeron moito fincapé na importancia da adopción fronte á compra e para elo veu con elas Gisela, unha veciña de Ordes, acompañada de Mimo, o can que adoptou na canceira fai máis dun ano e que nos conquistou a tod@s.

Salomé e Lucía, quixeron destacar tamén a gran labor que fan as casas de acollida e puxeron como exemplo a Clara, que ten acollida a Chabela, unha cadela que estaba na canceira, pero que non puido vir persoalmente, porque acababa de pasar por quirófano.

O alumnado coñeceu de preto a realidade da canceira e agardamos que, con estas ensinanzas, sexan uns cidadáns/cidadás responsables no día de mañá no que se refire á tenencia de animais de compaña baixo a súa responsabilidade.

 

MOITAS GRAZAS SALOMÉ E LUCÍA POLO VOSO TEMPO E DEDICACIÓN PLENA A MELLORAR AS CONDICIÓNS DE VIDA DOS CANS E CADELAS QUE ACABAN NA CANCEIRA DE ORDES!!!

E grazas tamén a Gisela e a Mimo por vir a coñecernos!!