contacontos

A COMUNIDADE VAGALUME

O alumnado de Infantil e 1⁰ ciclo de Primaria desfrutaron dun marabilloso contacontos titulado: "A COMUNIDADE VAGALUME".

Este conto ten como protagonistas a animais humanizados  cuxos  comportamentos son idénticos ós das persoas.

O obxectivo deste contacontos era sensibilizar ao alumnado sobre a discriminación que sufren as mulleres na nosa sociedade e fomentar a comunicación como algo esencial para a resolución de conflictos.

Moitas gracias  "A Asociación Visibles" por este contacontos.   

                                    ENCATOUNOS

 

A CONTA ATRÁS NO CASTELAO

A  CONTA  ATRÁS  NO  CASTELAO

Este  ano  estamos de celebración no noso colexio.

Celebramos o seu 50 aniversario!

Para conmemorar esta significativa data convidámosvos a

participar NA CONTA ATRÁS para as vacacións.

 

Como podedes participar?


Pois contándonos cousiñas que vos pasaban cando erades

pequenos/as  e iades  á  escola, como por exemplo:

- Cancións de xogos que faciades.

- Anécdotas que pasaron.

- Contos.

- Trabalinguas.

- Actividades que vos gustaban.

- Costumes propias do voso  centro ( no Nadal, Entroido, fin

de curso...)

- Tamén podedes enviar fotografías.

 

Todo isto pode ser tanto relacionado co colexio Castelao

coma con calquera outro centro escolar.

Para enviar  esta información pode ser  en 

formato vídeo, imaxe ou en documento escrito ao seguinte

correo:

biblioteca.ceip.castelao.ordes@edu.xunta.gal

Para  calquera  dúbida  podedes enviar  a  vosa  pregunta 

ao correo  mencionado  anteriormente  ou chamando  ao

teléfono:881 88 08 81

 

ANIMÁDEVOS!!!

 

 

VOLVEDE Á  INFANCIA!!!

 

 

 

SUSANA PEIX

SUSANA PEIX

O xoves 2 de novembro o alumnado de 3º de primaria

tivo unha visita moi especial:a ilustradora Susana

Peix.

Susana contoulles  tres  contos: O rei medoreto,o

mellor gato da vila e un elefante no deserto

africano.

Ademais  de  contar  contos explicoulles  en  que  consistía o 

seu  traballo.

     

    

   

                         

 

MOITÍSIMAS  GRAZAS  SUSANA 

POLA TÚA  VISITA

PASÁMOLO MOI  BEN

Tamén  lle  queremos  dar  as grazas a Editorial Cumio  por 

agasallar  a  nosa  biblio  cos seguintes  contos:

CONTACONTOS

OS LUNARES DE RENATA

 

O alumnado de 2º de Primaria rematou a xornada do

venres 17 de marzo participando nun obradoiro de

animación á lectura.

Este obradoiro foi levado a cabo por Vicky, unha contacontos

que ven en representación da editorial Santillana, para

traballar sobre o libro: Os lunares de Renata.

 Foi un éxito, xa que foi moi participativo, sendo os propios

alumnos os protagonistas de diferentes acontecementos do

libro,que tiveron que escenificar e dramatizar.

 

 

MOITAS GRAZAS POLA ACTIVIDADE!!

PASÁMOLO MOI MOI MOI BEN!!

 

 

 

CONCURSO DE CONTOS

CONCURSO  DE CONTOS

 

Deixa  voar  a túa  imaxinación e  participa  no 

concurso.  Agardamos  o  teu  conto!!!!

 

UNHA CONTA ATRÁS DE CONTO

         LA NAVIDAD DE NONO 

Xa chegamos ao derradeiro día desta conta atrás.

Espero que desfrutarades un montón desta aventura lectora.

Antes de rematar quero dar as GRAZAS  a todas as

familias por participar, sen vós non sería posible.

Agora imos escoitar a 4 alumnas de 6⁰C: Blanca, Ariana,

Martina e Iría Martínez imos escoitar o conto:

"La Navidad de Nono"

 

 

REENCANTOUNOS!!!

MOITAS GRAZAS POR COMPARTILO!!!

GUSTOUNOS MOITO!!

 

 Agora si, para rematar esta conta atrás de conto,

que mellor maneira que facelo  escoitando

música.

 Na voz de Naiara de 2⁰C e a súa prima India imos

escoitar unha panxoliña.  Premede na pandereta 

para poder escoitalas.

 FABULOSO!!!

ENCANTOUNOS !!!

MOITíSIMAS GRAZAS NAIARA e INDIA!!

 

PEDAZO ARTISTAS TEMOS NO COLE!!!

 

MOITAS GRAZAS FAMILIAS!!!

 

 

 

 

 

UNHA CONTA ATRÁS DE CONTO

SIETE RATONES CIEGOS

Xa estamos no penúltimo día desta conta

atrás e hoxe imos escoitar a historia de

sete ratiños na voz de Gabriel, Xavi, Julia,

Mateo, Youness, Aroa, Lucas e

Naiara.Todos eles alumnado de 2⁰C.

Premede na imaxe e poderedes desfrutar

desta marabillosa historia.

 

 

XENIAL!!!!

ENCANTOUNOS!!!!

MOI BO TRABALLO RAPAC@S!!!

UNHA CONTA ATRÁS DE CONTO

LA OVEJITA QUE VINO A CENAR 

Hoxe imos escoitar un conto que non nos

cansamos de ler porque ademais de facernos rir

tamén esconde unha entrañable historia de

amizade e generosidade. Na voz de

Carlota alumna de 2⁰C e de súa nai Maica imos

escoitar "La ovejita que vino a cenar"

Se queredes escoitar,ver e desfrutar deste

marabilloso conto...non o dubides e preme na

imaxe!

 

FABULOSO

                     COMO NOS GUSTOU...

UN CONTO DO MÁIS SABOROSO E DIVERTIDO

MOITÍSIIIIMOS PARABÉNS FAMILIA!!!

MOITAS GRAZAS 

POR COMPARTILO CON TODOS NÓS!!!

 

 

 

 

 

 

 

UNHA CONTA ATRÁS DE CONTO

CHEGOU O NADAL

Xa estamos metidos de cheo nos últimos días da conta atrás. 

Hoxe imos escoitar o conto:"Chegou o Nadal" na voz da súa

 autora, Rita, filla da mestra María José.

Se premedes na imaxe poderedes escoitar este marabilloso

 conto.

 

MOITÍSSSSIMOS  PARABÉNS RITA!!!!

REENCANTOUNOS A TÚA HISTORIA

 MOITÍSIMAS GRAZAS POR

COMPARTILA CON TODOS NÓS!!!