Outras actividades

O MAGO BENXAMÍN

Os cativos e cativas de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria asistiron a un pase de maxia co "Mago Benxamín".

Pasárono en grande coas súas ocorrencias e estravagancias...

Grazas á ANPA do noso colexio por organizar esta actividade!!

 

PLAN PROXECTA. COÑECEMOS AOS CANS DE SALVAMENTO DE GALICIA (CA.SA.GA)

O alumnado das clases que participan no Plan Proxecta "Mascoteir@s" puideron coñecer outra das actividades ou labores que poden desempeñar os cans e cadelas.

Viñeron a visitarnos ao noso centro dous voluntarios da Unidade Canina de Rescate Cans de Salvamento de Galicia (CA.SA.GA.). 

Alejandro Barreiro e Juan Rivas, bombeiros en Ferrol, viñeron acompañados de Arnold (un Border Collie), Anka (unha femia mestura de Pastor Alemán con Pastor Belga) e Thor (tamén mestura de Pastor Alemán con Pastor Belga). Estes cans xa participaron, con éxito, na busca de persoas desaparecidas en Galicia.

A través desta visita, viñeron a ensinarnos parte do seu traballo e ao mesmo tempo, concienciar ao alumnado dos coidados que require calquera mascota, dos riscos que poden ter nos fogares, as obrigas que temos como propietari@s e outras moitas cuestións que agardamos quedasen ben asimiladas polo noso alumnado de cara á súa vida adulta.

Ao rematar a parte máis teórica, fomos ao pavillón polideportivo e alí, entre outros exercicios, fixeron unha exhibición de como buscan a persoas, que desta volta eran alumnos e alumnas agochad@s en colectores do lixo...

Podedes ver parte da actividade nestes enlaces...

- Premendo aquí veredes a Thor en acción.

- Premendo aquí veredes a Anka en acción.

A actividade levantou tanta expectación entre o alumnado que todos e todas quixeron ter un recordo deste día e, grazas á paciencia que tivo Arnold, todas as clases partipantes puideron facer unha fotografía con el e cos seus adestradores.

 

NON ESQUECEREMOS ESTE DÍA!!

 

 

MONTAXE DE ROBOTS NA AULA NOVA DO CAFI

O claustro estívose esforzando moito para formarse en robótica e xa se están vendo os resultados.

Desta volta fomos de novo á Aula Nova do CAFI a rematar de montar e programar.

Xa temos os Escornabots e os Mbots a disposición de todo o profesorado e alumnado.

 

VISITA DE XELIS DE TORO.

Na Biblioteca de Botalerias tivemos a sorte de contar coa visita de Xelis de Toro e pasar con el unha agradable sesión.

Encántannos este tipo de activiades, a través das cales podemos coñecer mellor tanto ao escritor/a coma a obra traballada e fainos ver a lectura dende un punto de vista diferente.

Foi todo un pracer! Moitas grazas por vir ao noso colexio!!

Premede aquí para ver parte da actividade.

 

GRAND PRIX FINANCIEIRO.

Tivemos a oportunidade de contar no colexio cunha actividade chamada Grand Prix Financieiro; ofertada pola fundación da Obra Social ABANCA.

O alumnado de 3º, 4º e 5º de Educación Primaria puido desfrutar dun xogo a través do cal puido ver que o diñeiro non aparece da nada, comezar a distinguir entre o necesario e o desexado, e que non sempre podemos ter o que queremos.

Exemplifícano con situacións cotiás e sempre a través do xogo!!



 

 

OS CARBALLOS DE VINCIOS ESTÁN MEDRANDO...

Esta semana tivemos noticias de como evolucionan os centos de carballos que fomos plantar ao Monte Galiñeiro, en Vincios; nas terras arrasadas polo lume.

Fixéronnos chegar fotografías do ben que medran e do gran éxito que está a ter "O Bosque d@s Nen@s".

 

Estamos enormemente orgullosos e orgullosas!!

 

PLAN PROXECTA. RECIBIMOS A VISITA DE OCTAVIO VILLAZALA

O grupo de aulas que forma parte do proxecto Mascoteir@s, segue traballando sen descanso.

Unha das actividades que máis ilusión nos facía e que agardabamos con moito nerviosismo, era a de coñecer a un can "actor" e outro de "terapia".

Hoxe por fin o conseguimos. Tivemos no colexio a visita dun educador canino, Octavio Villazala e do seu axudante Julián, que nos presentaron a Fusco, un verdadeiro can-artista, e a Gym, unha fermosa cadela que traballa na terapia de cativos no Hospital Materno-Infantil de A Coruña.

Quedamos prendados destes marabillosos animais... non nos esqueceremos desta esperiencia!!

Estes son Fusco e Gym!

Aquí estabamos coñecendo a Octavio e... descubrimos que os lobos son bos!!

Fusco buscaba se tiñamos algo agochado na nosa Biblioteca!

Gym apareceu onda nós despois de "perderse"...

Fusco obecía as nosas ordes! Porque é un can actor!

Aquí ensínannos como traballan na terapia con nenos/as!!

Falamos dos coidados que necesitan os cans! 

Puidemos estar de preto con Fusco e Gym! E eles encantados!!

E fixemos unha foto de recordo!! 

 

 

EXHIBICIÓN SOLIDARIA DA GARDA CIVIL NO CONCELLO DE BRIÓN.

Os responsables do cuartel da Garda Civil de Brión, (que serán tamén os encargados de traballar o tema do Acoso Escolar no noso centro en vindeiras sesións para familias e alumnado), queren que a través da nosa páxina web, convidemos a todas as familias que o desexen, a asistir a unha exhibición solidaria que terá lugar o vindeiro 8 de maio no pavillón municipal de Brión.

O horario de tarde será de 16:00 a 18:30 horas.

Para asistir, non se cobra entrada, pero dado o carácter solidario da xornada, recollen alimentos ou material escolar para as persoas máis desfavorecidas.

A nós como Centro Educativo, por cuestións organizativas, non nos é posible asistir cos cativos e cativas, pero animávosmos a que as familias que o desexedes, vos acheguedes a coñecer todos os recursos e servizos que ofrecen.

Animádevos a ir!!

 

SEGUIMOS COS CONTACONTOS DE 5º DE EDUCACIÓN INFANTIL...

Os cativos e cativas de 5º de Educación Infantil seguen a desenvover as sesións de Contacontos que levan realizando ao longo de todo este curso.

Esta última vez, foi a mestra Begoña a encargada de contarlles, en verso, grandes historias coas que se divertiron, imaxinaron e aprenderon.