Actividades

DÍA DAS BIBLIOTECAS. 24 de OUTUBRO DO 2021.

Dende 1997 celébrase o día das Bibliotecas o 24 de outubro.

Por que o 24 de outubro e non outro día?

A data foi escollida para lembrar a destrución da biblioteca Nacional de Sarajevo un día tal coma hoxe na guerra dos Balcáns, en 1992.

 

Este curso, o lema das Bibliotecas Escolares de Galicia "A BIBLIOTECA ESCOLAR TEN A PALABRA", quere poñer o foco na palabra e na oralidade.

O alumnado do noso colexio, mediante debuxos, palabras..., cóntanos o que é para eles a BIBLIOTECA.

Premede na imaxe para ver o seu traballo.

 

 

 

 

SEMANA DA PRENSA 2021

Neste atípico curso, seguimos traballando arreo.

Para conmemorar a Semana da Prensa, dende o Equipo de Biblioteca, propúxose elixir a noticia que para cada clase foi "A noticia do ano".

E este foi o resultado do traballo de investigación e creación:

 

 

 

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Para conmemorar o Día Internacional das persoas con Discapacidade, cada grupo-clase elixiu unha persoa coñecida con unha discapacidade. Traballamos e coñecemos moito mellor a esas persoas, a que se adicaron (ou adican), como foi/é a súa vida... E plasmámolo en murais que colocamos nos corredores do centro.

Algunhas destas clases visitaron a Biblioteca de Botalerias e alí, explicáronlles a outros compañeiros e compañeiras todo o que sabían da persoa sobre a que traballaran.

Así mesmo, todas as titorías tiveron á súa disposición unha selección de libros relacionados coa temática no estante de novidades da Biblioteca do centro.

 

 

 

EXPOSICIÓN LIBROS DE MEDO...

Con motivo da conmemoración do Samaín, na nosa Biblioteca podemos ver unha seleción de libros de medo, bruxas, historias de terror... que faran que non sexamos capaces de deixar de ler!!!

Tamén ambientamos os recunchos de lectura... mirade que ben quedaron!!

 

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES. 24 DE OUTUBRO

Ao longo destas dúas últimas semanas, na Biblioteca de Botalerias estívose traballando a fume de carozo... tocaba conmemorar o Día das Bibliotecas Escolares!!

Cada unha das titorías recibiu unha invitación do mesmísimo Botalerias para asistir a un taller de elaboración de marcapáxinas e a unha sesión de formación para os usuarios da mesma.

Foron días intensos pero aos cativos e cativas encantoulles!!!

Agardamos que a partir de agora todo o alumnado lle saque o máximo proveito a todo o material que hai e ás actividades que nela se desenvolven!!

 

 

@S AXUDANTES DE BOTALERIAS PREPARAN UN CONTACONTOS PARA EDUCACIÓN INFANTIL

Unha parte do alumnado de 6º de Educación Primaria leva todo o ano exercendo de axudantes da Biblioteca Escolar e, para poñer o broche final ao curso, estiveron traballando e ensaiando para contarlles uns contos moi divertidos ás aulas de Educación Infantil.

Foron no tempo da hora de ler e foi todo un éxito!!!

Grazas Axudantes!! Sodes @s mellores!!

 

 

VÍDEO-RESUMO DA II FEIRA DO LIBRO SOLIDARIO. DÍA DO LIBRO 2019

POIS XA REMATOU A FEIRA DO LIBRO DESTE ANO 2019...

E, DE NOVO, FOI TODO UN ÉXITO!!!

AGRADECEMOS DUN XEITO INFINITO A TODAS AS FAMILIAS DO NOSO ALUMNADO POR IMPLICARSE DESTA MANEIRA TANTO NA DOAZÓN DOS LIBROS COMA NA DOAZÓN DE PRODUTOS DE PRIMEIRA NECESIDADE.

E NON QUEREMOS ESQUECERNOS DA ENORME LABOR DOS VOLUNTARIOS E VOLUNTARIAS DA CRUZ VERMELLA DE ORDES, SEN @S QUE NON SERÍA POSIBLE LEVAR A CABO ESTA ACTIVIDADE.

AGARDAMOS QUE CON ESTE TIPO DE INICIATIVAS, QUEDE NO NOSO ALUMNADO UNHA SEMENTE DE SOLIDARIDADE QUE BROTE NA SÚA XUVENTUDE E CONTINÚE DURANTE TODA A VIDA!

DESPOIS DE FACER O RECONTO FINAL, PODEMOS COMUNICAR QUE, DESTA VOLTA, CONSEGUIMOS DOAR ALGO MÁIS DE 600 PRODUTOS DE HIXIENE PERSOAL, CASE 200 PRODUTOS DE LIMPEZA E ARREDOR DE 900 PRODUCTOS DE ALIMENTACIÓN. 

MIRADE O SEGUINTE VÍDEO NO QUE RESUMIMOS UN POUCO ESTES CINCO DÍAS DE FEIRA ININTERROMPIDA!!

(Música de Pablo Díaz -TIC TAC-).

Preme na imaxe para velo.

SEGUIMOS COS CONTACONTOS DE 5º DE EDUCACIÓN INFANTIL...

Os cativos e cativas de 5º de Educación Infantil seguen a desenvover as sesións de Contacontos que levan realizando ao longo de todo este curso.

Esta última vez, foi a mestra Begoña a encargada de contarlles, en verso, grandes historias coas que se divertiron, imaxinaron e aprenderon. 

DÍA DO LIBRO 2019

Acaba de dar comezo a II Feira do Libro Solidario do CEIP ADR Castelao de Ordes.

Queda por diante unha semana de solidaridade e lectura... na que todo o alumnado que o desexe, poderá intercambiar produtos de alimentación, hixiene e limpeza do fogar polos libros que estarán dispoñibles na Feira.

Agardamos que sexa un éxito e animámosvos a que colaboredes dende as casas, sen esquecer o carácter solidario e altruísta da actividade.