Outras actividades

FROITA NA ESCOLA 2023

No CEIP ADR Castelao estamos desfrutando dunha nova quenda de Froita fresca na escola.

ALIMÉNTATE BEN

A nosa horta inclusiva do proxecto Aliméntate ben segue medrando e acollendo a diversidade do noso alumnado. Coa axuda do alumnado estranxeiro elaboramos carteis en diferentes idiomas: árabe, ucraniano, pictogramas e braille.

O alumnado de 4 anos fixo unhas ricas pizzas e croquetas coas espinacas da nosa horta.

Taller de percusión

Esta mañá o alumnado de 4º e 5º de Primaria realizaron un taller de percusión cos profesores Eduardo e Didier de Ecopercussión.

As nenas e os nenos quedaron encantados, algúns van buscar caldeiros vellos pola casa...

 

XOGADE

CAMPIONATO ZONAL DE BÁDMINTON DO PROGRAMA XOGADE (CLASIF. Ctº PROVINCIAL) - BOIMORTO 15/04/2023

 

PARA CONSULTAR A CLASIFICACIÓN PREME AQUÍ

 

PLAN PROXECTA. ALIMÉNTATE BEN.

Inicio - Aliméntate ben

Este curso os alumnos/as de Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria estamos participando no Plan Proxecta, no Programa Aliméntate ben.

Hoxe preparamos a nosa horta!

XOGADE

Xogade - Xogade

IV XORNADA DE BÁDMINTON INTERZONAL DO PROGRAMA XOGADE 2022-2023 DISPUTADA O SÁBADO 25 DE MARZO NO PABILLÓN POLIDEPORTIVO MUNICIPAL DE LAMEIRO (O PINO)

 

CONCURSO PILABOT

Pilabot::Recicla con Energía | Campaña de recogida de residuos de pilas en  centros escolares de Galicia

Estimadas familias:

O noso centro participa ente curso na campaña de recollida de pilas Pilabot e queremos animar a todo o alumnado a participar no Concurso individual de Cartel Publicitario #EuSonPilabot, co que poderán gañar unha tableta!

Toda a información está en www.pilabot.gal/eusonpilabot(o prazo de inscrición remata o 14 de abril).

XOGADE

CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A

TRAVÉS DE CENTROS ESCOLARES 2023

O pasado venres, 17 de marzo, celebrouse no Club de Campo de Ferrol o Campionato Provincial de Campo a Través de Centros Escolares, no que o noso centro contou cunha representación de 19 alumnos/as de 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria, os/as cales acadaran a clasificación na fase anterior celebrada en Santiago o 21 de xaneiro.

 

Neste campionato o noso alumnado tivo unha brillante actuación e na categoría alevín feminino as nenas proclamáronse subcampioa por equipos.Diseño de medalla de plata | Vector Gratis

PARA CONSULTAR OS RESULTADOS PREME AQUÍ

CONCURSO PILABOT

Pilabot::Recicla con Energía | Campaña de recogida de residuos de pilas en  centros escolares de Galicia 

Esta semana rematou a nosa participación no  concurso Pilabot. Recolléronse 5 colectores de pilas, en total 492,2 kg.

Moitas grazas pola vosa colaboración.