Outras actividades

CLUB DE CIENCIA

CLUB DE CIENCIA: "O LABORATORIO DE CASTELAO"

aforo – Sala El Bulevar

O CEIP ADR CASTELAO vén de ser seleccionado para participar no programa de innovación educativa "Club de ciencia".

O noso club de ciencia nace cos obxectivos de mellorar a competencia científico-tecnolóxica do noso alumnado e cautivar o interese dos nenos e nenas na ciencia e, en futuras vocacións científicas.

A proposta de traballo para este curso escolar  xira en torno ás seguintes actividades.

- Realización de experimentos de laboratorio que non son factibles de realizar na aula no horario habitual.

- Posta en práctica do modelo científico para que o alumnado entenda e atope a explicación científica (física, química, biolóxica, matemática,...)

- Charlas de investigadores/as sobre a súa carreira científica.

- Realización dunha feira científica onde o alumnado do club de ciencia realizará e explicará prácticas desenvolvidas ao longo de todo o curso a outros membros da comunidades escolar: compañeiros, pais,...

 

O club de ciencias oferatarase a todo o alumnado de 3º, 4º e 5º de  primaria en horario de 15:30 a 17:30 horas en mércores alternos.

Comezamos o 29 de novembro de 2023.

 

Para inscribirte na primeira sesión debes cubrir o seguinte formulario:

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScerJa_YU1lJJmQpuHP5KdD9ioysmnQLaGgT0S9033uVW0rog/viewform?usp=sf_link

aforo – Sala El Bulevar

 

A adxudicación de prazas farase por orde de inscrición. Contamos con 20 prazas para cada día.

 

Estade atentos á web do centro, onde iremos publicando as vindeiras datas e formularios de inscrición.

 

 

ESPERÁMOSVOS!

 

PROGRAMA XOGADE 2023-2024

Xogade - Xogade

I XORNADA INTERZONAL DE BÁDMINTON. 

Pavillón  Polideportivo de Trazo

(sábado, 11/11/2023)

O pasado sábado, 11 de novembro, unha representación de alumnado do noso centro participou na I Xornada de Liga Interzonal de Bádminton disputada en Trazo, na que participaron deportistas dos concellos de Arzúa, Boimorto, Frades, Melide, O Pino, Ordes e Toques.

IV EDICIÓN DA CAMPAÑA COME LOCAL

O comedor escolar  do CEIP ADR Castelao de Ordes participa na IV EDICIÓN COME LOCAL, campaña de formación para comedores escolares de Galicia.

FESTA NACIONAL

12/10/2023 00:00

ORLA 6º E.P. PROMOCIÓN 2014/2023

PROMOCIÓN 2014/2023

 

PREME NA IMAXE PARA VELA EN GRANDE

OBRA DE TEATRO: AVENTURAS EN EL ESPACIO

"Aventuras en el espacio" é unha obra de teatro escrita e representada pol@s alumn@s de 3º A en Proxecto Competencial.

 

PREME NA IMAXE PARA VER A OBRA DE TEATRO

OBRA DE TEATRO: AVENTURAS EN EL BOSQUE

"Aventuras en el bosque" é unha obra de teatro escrita e respresentada pol@s alumn@s de Proxecto Competencial de 3º C.

 

PREME NA IMAXE PARA VER A OBRA DE TEATRO

 

INFORME FINAL CAMPAÑA PILABOT

CLASIFICACIÓN DO CONCURSO PILABOT. VER AQUÍ.