CLUB DE CIENCIA

CLUB DE CIENCIA: "O LABORATORIO DE CASTELAO"

aforo – Sala El Bulevar

O CEIP ADR CASTELAO vén de ser seleccionado para participar no programa de innovación educativa "Club de ciencia".

O noso club de ciencia nace cos obxectivos de mellorar a competencia científico-tecnolóxica do noso alumnado e cautivar o interese dos nenos e nenas na ciencia e, en futuras vocacións científicas.

A proposta de traballo para este curso escolar  xira en torno ás seguintes actividades.

- Realización de experimentos de laboratorio que non son factibles de realizar na aula no horario habitual.

- Posta en práctica do modelo científico para que o alumnado entenda e atope a explicación científica (física, química, biolóxica, matemática,...)

- Charlas de investigadores/as sobre a súa carreira científica.

- Realización dunha feira científica onde o alumnado do club de ciencia realizará e explicará prácticas desenvolvidas ao longo de todo o curso a outros membros da comunidades escolar: compañeiros, pais,...

 

O club de ciencias oferatarase a todo o alumnado de 3º, 4º e 5º de  primaria en horario de 15:30 a 17:30 horas en mércores alternos.

Comezamos o 29 de novembro de 2023.

 

Para inscribirte na primeira sesión debes cubrir o seguinte formulario:

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScerJa_YU1lJJmQpuHP5KdD9ioysmnQLaGgT0S9033uVW0rog/viewform?usp=sf_link

aforo – Sala El Bulevar

 

A adxudicación de prazas farase por orde de inscrición. Contamos con 20 prazas para cada día.

 

Estade atentos á web do centro, onde iremos publicando as vindeiras datas e formularios de inscrición.

 

 

ESPERÁMOSVOS!