igualdade

A COMUNIDADE VAGALUME

O alumnado de Infantil e 1⁰ ciclo de Primaria desfrutaron dun marabilloso contacontos titulado: "A COMUNIDADE VAGALUME".

Este conto ten como protagonistas a animais humanizados  cuxos  comportamentos son idénticos ós das persoas.

O obxectivo deste contacontos era sensibilizar ao alumnado sobre a discriminación que sufren as mulleres na nosa sociedade e fomentar a comunicación como algo esencial para a resolución de conflictos.

Moitas gracias  "A Asociación Visibles" por este contacontos.   

                                    ENCATOUNOS

 

25 N: DÍA INTERNACIONAL DA ELIMIINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

NON AS DIGAS MÁIS

O 25 de novembro conmemórase o  Día Internacional da

Eliminación da Violencia Contra as mulleres e

Botalerias quere  lembrarnos  unha  serie  de expresións

sexistas  que usamos no noso  día  a día e  que  NON as

debemos decir.

A eliminación da linguaxe sexista debe comenzar dende a

escola e os voluntarios de Botalerias  de 6ºC eleboraron un

mural  no  que  están recollidas unha  serie  de expresións

que debemos evitar  empregar, tantos nen@s como adult@s

xa que provocan diferencias de xénero dende idades

tempranas.

 

 

 

 

 

25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

25 N CONTRA  A  VIOLENCIA  DE  XÉNERO

 

O  25  de novembro  commemórase o Día  Internacional   contra  a  Violencia  de  Xénero.

Dende  EDLG  e  EACE  convidouse as  diferentes  titorias  a  realizar  diferentes  actividades e  dende  a  biblioteca  queremos  colaborar  na  abordaxe  a  violencia  de  xénero  coa  visualización do  vídeo  Mis Noes cuentan de @mansdeouro  e de  @tu_compi_de_sociales

Premede  no debuxo  para poder ver  o  vídeo.

    

 

Ademais  se  lle  botades  un  ollo  ás contas  destas  dúas  mestras  podedes  atopar  máis  material  para  traballar  o vídeo.

 

Tamén  a  ANPA  CEIP  CASTELAO participou  nesta  conmemoración  agasallando  a  cada  neno/a  dous  globos (negro  e morado)  como  acto simbólicde  rexeitamento   contra  a  violencia  de  xénero.

 

 

DIA INTERNACIONAL DA DISCAPACIDADE

                   

DÍA   INTERNACIONAL  DA   DISCAPACIDADE

 

Lembrades que celebramos  hoxe 3 de decembro?

Pois sí... O  DÍA  INTERNACIONAL  da 

 DISCAPACIDADE aínda  que  nos  gusta  máis 

chamalo  DÍA  da  DIVERSIDADE  FUNCIONAL.

 

Como sabedes, propúxenvos un reto. Fixestédelo moi ben. Queredes ver como quedou? Se premedes  na   imaxe podédelo comprobar.

 

 

 

 

3 DE DECEMBRO. DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

 

 

DÍA  DAS  PERSOAS  CON  DISCAPACIDADE

 

O  día  3  de  decembro conmemórase o Día da  Diversidade  Funcional, un día para lembrar a igualdade, sexa  cal sexa  a  nosa  condición  persoal, porque todos somos  diferentes e  cada  un  de nós  ten  moito  que  aportar  aos  demais.

Dende  a  biblioteca  de  Botalerias deixámosvos uns  contos  e  unha curta que  podedes  visualizar, e a  partires deles  reflexionar sobre aquelas  cousas  nas  que  tedes  dificultades, para  as  que  precisades  axuda...porque a todos  e  todas   precisamos  que  nos boten  unha  man  en algo.

Premede  nas  imaxes  para velos:

 

 .   

    .  

 

 

 Tamén  vós  deixamos  una  pequena  recopilación  de  lecturas  inclusivas  que  podedes atopar  na  boblioteca.  Están  agardando  por  vós. Desfrutadeas!!

 

 

 

 

 

 

 

 

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

                             

 25 DE NOVEMBRO

DÍA  INTERNACIONAL  CONTRA  A  VIOLENCIA  DE  XÉNERO

 

O 25 de novembro, como  todos  os  anos  dende 1981, celébrase o  Día Internacional  contra  a Violencia  de Xénero, unha  xornada  para  reflexionar  sobre  a  importancia  de  educar  na  igualdade  de xéneros.

Por iso, Botalerias quere  recordarvos  que  a  coeducción  non  debe  quedar  relegada  a  esta  semana xa  que  se  debe  traballar  ao  longo  de  todo  o  ano.

Por iso,déixavos  unha  serie de recomendacións adicados  a  este  tema.