caderno viaxeiro

25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

25 N CONTRA  A  VIOLENCIA  DE  XÉNERO

 

O  25  de novembro  commemórase o Día  Internacional   contra  a  Violencia  de  Xénero.

Dende  EDLG  e  EACE  convidouse as  diferentes  titorias  a  realizar  diferentes  actividades e  dende  a  biblioteca  queremos  colaborar  na  abordaxe  a  violencia  de  xénero  coa  visualización do  vídeo  Mis Noes cuentan de @mansdeouro  e de  @tu_compi_de_sociales

Premede  no debuxo  para poder ver  o  vídeo.

    

 

Ademais  se  lle  botades  un  ollo  ás contas  destas  dúas  mestras  podedes  atopar  máis  material  para  traballar  o vídeo.

 

Tamén  a  ANPA  CEIP  CASTELAO participou  nesta  conmemoración  agasallando  a  cada  neno/a  dous  globos (negro  e morado)  como  acto simbólicde  rexeitamento   contra  a  violencia  de  xénero.

 

 

MOCHILAS VIAXEIRAS

    MOCHILAS  VIAXEIRAS

Como é tradicional,  a  principios  de  novembro comenzan  unha  nova  andaina  as  mochilas  viaxeiras.

Cada venres  visitarán  unha  familia  que  poderá  gozar  do  seu  contido  ata  o  xoves  seguinte.

Se  pulsades  nos  libros  coñeceredes  todos  os  contidos  incluidos  nas  mochilas.

Ademais  dentro  de  cada  mochila  hai  un  caderno  que  o  irán  enchendo  entre  todas  as  familias,coas  suxerencias, opinións, sentimentos  e  sensacións  que  produciu  o  seu contido.

 

     

 

 

 

      

 

 

 

ESPEREMOS  QUE  VOS  GUSTEN  E  QUE  GOCEDES  DO SEU  CONTIDO