UNHA CONTA ATRÁS DE CONTO

EU  VOU  COMIGO 

Hoxe imos  escoitar un conto que nos fala sobre a

importancia de aceptarnos tal como somos.

Preme na imaxe e poderás escoitalo.

 

 

 

 

 

 

 

 

UNHA CONTA ATRÁS DE CONTO

A QUE SABE A LÚA?

Algunha vez pensastes a que sabería a lúa?

Pois hoxe na voz de Carolina, a nosa marabillosa

cociñeira do colexio, imos escoitar este fermoso

conto.

Preme na imaxe e veralo.

 

  

COMO NOS GUSTOU!!!

MOITÍSIMAS GRAZAS CAROLINA

POLO TEU TEMPO  E AMABILIDADE

 

 

 

 

 

 

UNHA CONTA ATRÁS DE CONTO

COELLIÑO  BRANCO

 Seguimos  gozando  cos  marabillosos  contos que

nos están chegando. Hoxe Berta   e  as súas fillas

Iria (5ºB) e Lara (1ºA) cóntannos  Coelliño Branco.

Non  dubidedes  en  premer  na  seguinte imaxen 

para  gozar  deste  conto.

 

 

GUSTOUNOS MOITO,MOITO E MOITO,O CONTO!

GRAZAS  FAMILIA POR  COMPARTIR

O  VOSO  TEMPO  CON  NÓS!!

 

 

 

 

UNHA CONTA ATRÁS DE CONTO

LA SEÑORA HISTORA


No  sexto  día  da  conta  atrás temos  un  conto

moi  especial.  A súa  autora  e  ilustradora

é Irene, alumna  de  5ºC. Titúlase  "La señora Histora"

Preme a  continuación para  non perder detalle...

 

 


MOITÍSSSIMOS  PARABÉNS  IRENE!!!

REENCANTOUNOS A  TÚA  HISTORIA!!!

POR CERTO...

ESTAREMOS  ANTE  UNHA  FUTURA ESCRITORA

UNHA CONTA ATRÁS DE CONTO

QUERES XOGAR COMIGO?

 O  conto  de  hoxe  está  relacionado  ca  PDI  do  centro: E ti...a  que  xogas?

Begoña (directora  e mestra no colexio)  e  a  súa  filla  Sofía (3ºB)  comparten  con  nós este marabilloso conto: Queres xogar comigo?

Premede  na  imaxen  para  poder  escoitalo.

 

 

 

 ENCANTOUNOS!

MOITAS GRAZAS FAMILIA

POR PARTICIPAR

 

3 DE DECEMBRO, DÍA DA DIVERSIDADE FUNCIONAL


TODOS  DIFERENTES, TODOS IMPORTANTES

Na maleta viaxeira, que temos emprestada pola

Asesoría de Bibliotecas, descubrimos o

conto "Todos menos uno"

Con este conto queremos recordar que o

3 de decembro  é  o Día da Diversidade

Funcional. Un día para lembrar a

igualdade real, sea cal sexa  a  nosa

 condición persoal, porque todos e  todas somos

 diferentes pero todos temos moito que

 ensinarlles aos demais.

Cada pluma pintada  polo noso alumnado

 responde  ao gusto e a destreza de  cada un/

unha  deles/delas.Todas válidas  e  feitas  con 

moito  esforzo  e  mimo.

 

 

 

 

 

 

 

 

   

 

 

Se ensínamos  aos nenos /as a  aceptar  a 

diversidade  como  algo normal, non será preciso

 falar  de inclusión, senón de convivencia.

 

 

 

 

 

 

UNHA CONTA ATRÁS DE CONTO

LAS JIRAFAS NO PUEDEN BAILAR 

A  xirafa Chufa é a protagonista do conto de hoxe.

Premede na imaxen para poder escoitar esta

marabillosa historia.

 

 

UNHA CONTA ATRÁS DE CONTO

ELMER

 

Hoxe  imos escoitar  o  conto de Elmer.

Premede  na  imaxe para  poder velo.

 

 

UNHA CONTA ATRÁS DE CONTO

NADA ASUSTA A NUBA

 Hoxe temos un conto  moi  especial,contado

por Tania, a mamá de Valentina (5 Anos B) e

de Tatiana (3 Anos B). Queredes escoitalo?

Se  premedes  na  imaxen  podedes

desfrutar  deste marabilloso  conto.

 

     ENCANTOUNOS   O  CONTO!!!

     MOITÍSIMAS GRAZAS TANIA

POR COMPARTILO 

CON NÓS!!

 

 

 

 

UNHA CONTA ATRÁS DE CONTO

COCORICO

Comezamos unha  conta  atrás de conto

con  COCORICO. 

Premede  na  imaxe  para  poder

escoitar  o conto.