diversión

MOCHILA VIAXEIRA

MOCHILAS VIAXEIRAS

PREPARADAS!!

Un curso máis  o alumnado do cole  está  a  participar na 

actividade das mochilas viaxeiras

Esta mochila  é unha invitación a  desfrutar  dos libros, revistas... en

compañía, compartindo coa familia os sentimentos e  as 

sensacións que producen  as  lecturas propostas. E  como novidade

este  ano en cada  mochila  vai  un xogo  de mesa.

Cada  neno/a terá  durante  7 días  a  mochila  na súa casa. 

Se queredes ver o contido de cada mochila pinchade na  seguinte

imaxe.

 

BOAS LECTURAS, FAMILIAS!!

 

 

 

 

MALETA VIAXEIRA

MALETA VIAXEIRA

Esta semana chegounos  ao colexio unha  nova  maleta

viaxeira. Esta  vez  o seu  contido  está  relacionado  co

mundo  das  ciencias.

O alumnado  pode  desfrutar dela durante  un mes. 

 

      

A OCA DO CAMIÑO INGLÉS

A OCA DO CAMIÑO INGLÉS

O mércores 15  e  o  xoves  16  o  alumnado de 3º e 4º de Primaria

tiveron  a  oportunidade  de  xogar  ao  Xogo  da Oca do Camiño 

Inglés que  pretende  sensibilizar e  difundir os  valores desta  ruta 

de peregrinación.

 

   ADEMAIS  DE APRENDER    

MOITAS COUSAS 

SOBRE  O  CAMIÑO  INGLÉS

PASÁMOLO  MOI  BEN!!

 

 

SUSANA PEIX

SUSANA PEIX

O xoves 2 de novembro o alumnado de 3º de primaria

tivo unha visita moi especial:a ilustradora Susana

Peix.

Susana contoulles  tres  contos: O rei medoreto,o

mellor gato da vila e un elefante no deserto

africano.

Ademais  de  contar  contos explicoulles  en  que  consistía o 

seu  traballo.

     

    

   

                         

 

MOITÍSIMAS  GRAZAS  SUSANA 

POLA TÚA  VISITA

PASÁMOLO MOI  BEN

Tamén  lle  queremos  dar  as grazas a Editorial Cumio  por 

agasallar  a  nosa  biblio  cos seguintes  contos:

LECTURA E FAMILIAS: PAULA CARBALLEIRA

QUE CONTO CONTAMOS? 

Hoxe tivemos unha visita  moi  especial  na  biblioteca. Visitounos 

Paula  Carballeira, e  puidemos desfrutar de historias de aquí,

que nos encantaron tanto a pequen@s como a grandes. Contos

para coller coas mans, meter na cabeza e levar no corazón. Contos

para poder rir, aplaudir, cantar, chorar, ouvear, volver a rir...contos

para pasalo xenial.

Esta actividade  está  dentro  do  programa Lectura  e  familias

da asesoría   de  biliotecas escolares  de  Galicia.

 

 

 

 

MOITÍSIMAS GRAZAS, PAULA!!!

QUE CONTO CONTAMOS?

QUE CONTO CONTAMOS?

Que conto escollemos para  contar?

Un conto  que nos leve pola terra, polo aire e polo mar?

Onde buscamos ese conto?

A que xogamos mentres dura  a historia?

Cantas historias podemos escoitar para  ter ganas de máis?

Quen mellor  que  Paula  Carballeira para  dar  resposta a  todas 

estas preguntas o vindeiro 25 de outubro na biblioteca do

centro.

Será  de 16:15 a 17:15 para  as  familias  do  noso  alumnado.

O Obradoiro terá 50 prazas para o alumnado do centro, que terá que

vir acompañado dun adulto. Para inscribirse haberá que enviar un

email á seguinte dirección:

            biblioteca.ceip.castelao.ordes@edu.xunta.gal

Deberán constar os seguintes datos: nome do alumno/a e do adulto 

que o/a acompaña, curso e o número de teléfono de contacto.

O prazo para anotarse é dende o vindeiro martes 3 de outubro

ata o martes 17.

Unha vez cubertas as prazas crearase unha lista de espera que se

utilizará  en  caso de renuncias.

Esta  actividade está organizada pola biblioteca  do  centro dentro

do proxecto Lectura  e  Familias, promovido pola Asesoría de

Bibliotecas Escolares da Xunta de Galicia.

 

ANIMÁDEVOS  A  PARTICIPAR!!

 

 

VEXO VEO XACOBEO

VEXO VEO XACOBEO

O alumnado de 2º de Primaria participou no

programa Vexo, Veo Xacobeo é  así puideron  coñecer máis 

de  preto os  valores  do Camiño. Ao  longo  deste

curso  coñeceron  a figura  do peregrino  e 

afondaron  en todo  os  elementos relacionados 

con  ela.

Para  rematar  puideron realizar  un  tramo  do 

camiño inglés, concretamente  entre  Cabeza de

Lobo  e  Poulo. Chegando  a Poulo  recibiunos 

Anxo  Moure. Con  el puidemos disfrutar dun

contacontos a través  da  escenificación e  a 

palabra, aspectos e volores do Camiño. 

Se premedes na imaxe podedes  ver un pequeno

resumen  do tramo feito.

 

 

 

AS FAMILIAS DE PRIMARIA TAMÉN XOGAN!!

AS  FAMILIAS  DE  PRIMARIA

TAMÉN XOGAN

O pasado 31 de maio, na biblioteca  do  centro, tivo lugar  un novo

obradoiro para  as  familias. Nesta  ocasión tocoulle  ás  familias 

do  noso alumnado de Primaria.

A temática deste obradoiro era  a  importancia do xogo nas  nosas

crianzas  de 6 a 12 anos.

O obradoiro foi impartido por Chafaris e  as  familias que 

asistiron desfrutaron dunha marabillosa tarde  de xogos en 

compaña  dos  seus fillos ademais de aprender que  os xogos 

permítennos áfianzar os coñecementos aprendidos, respectar as

quendas,tolerar a fustración, fortalecer as funcións cognitivas do

cerebro...entre moitísimas cousas máis.

 

MOITÍSIMAS GRAZAS ÁS  FAMILIAS 

POLA  SÚA  PARTICIPACIÓN!!!!

 

 

UNHA CONTA ATRÁS DE CONTO

LAS JIRAFAS NO PUEDEN BAILAR 

A  xirafa Chufa é a protagonista do conto de hoxe.

Premede na imaxen para poder escoitar esta

marabillosa historia.