familias

QUE CONTO CONTAMOS?

QUE CONTO CONTAMOS?

Que conto escollemos para  contar?

Un conto  que nos leve pola terra, polo aire e polo mar?

Onde buscamos ese conto?

A que xogamos mentres dura  a historia?

Cantas historias podemos escoitar para  ter ganas de máis?

Quen mellor  que  Paula  Carballeira para  dar  resposta a  todas 

estas preguntas o vindeiro 25 de outubro na biblioteca do

centro.

Será  de 16:15 a 17:15 para  as  familias  do  noso  alumnado.

O Obradoiro terá 50 prazas para o alumnado do centro, que terá que

vir acompañado dun adulto. Para inscribirse haberá que enviar un

email á seguinte dirección:

            biblioteca.ceip.castelao.ordes@edu.xunta.gal

Deberán constar os seguintes datos: nome do alumno/a e do adulto 

que o/a acompaña, curso e o número de teléfono de contacto.

O prazo para anotarse é dende o vindeiro martes 3 de outubro

ata o martes 17.

Unha vez cubertas as prazas crearase unha lista de espera que se

utilizará  en  caso de renuncias.

Esta  actividade está organizada pola biblioteca  do  centro dentro

do proxecto Lectura  e  Familias, promovido pola Asesoría de

Bibliotecas Escolares da Xunta de Galicia.

 

ANIMÁDEVOS  A  PARTICIPAR!!

 

 

DÍA DE ROSALÍA- 23 DE FEBREIRO

ROSALÍA UN POEMA CADA DÍA

O alumnado de 2ºC e as  súas familias

agasállannos con  este  precioso recitado 

de "Adiós ríos, adiós fontes".

Premede  aquí  para  poder  escoitalo.

 

XENIALÍÍÍÍSIMO!!!

MOITÍSIMAS GRAZAS

POR COMPARTIR ESTE

MARABILLOSO TRABALLO

CON TODOS NÓS!!

 

 

DÍA DE ROSALÍA - 23 DE FEBREIRO

ROSALÍA UN POEMA CADA DÍA

Nada mellor  que  "Adiós ríos, adiós

fontes" recitado  por  Noa  e  Martina,

alumnas  de 4ºApara  rematar  o  día.

Para  poder  escoitar  este  marabilloso 

recitado premede aquí.

ESPECTACULAR!!

MOITÍSIMAS GRAZAS

POR COMPARTILO

CON TODOS NÓS!!

 

 

 

DÍA DE ROSALÍA - 23 DE FEBREIRO

ROSALÍA UN POEMA CADA DÍA

Para rematar  o  día  nada  mellor que  escoitar 

"Adiós ríos, adiós follas" recitado  por  Ivana de

3ºB de Primaria.

Premede  aquí  para poder  escoitar  este  precioso recitado.

 

XENIAL!!

MOITÍSIMAS  GRAZAS

POR COMPARTILO

CON TODOS NÓS

 

DÍA DE ROSALÍA - 23 DE FEBREIRO

ROSALÍA UN POEMA CADA DÍA

Hugo  de  1º A  enviounos  este  bonito  recitado.  Para poder 

escoitalo  premede  aquí.

MARABILLOSO!!

GUSTOUNOS MOITO!!

GRAZAS POR COMPARTILO!!

 

 

DÍA DE ROSALÍA - 23 DE FEBREIRO

ROSALÍA UN  POEMA  CADA  DÍA

Seguen  a  chegar  poemas   a  casiña  de  Botalerias.  Nesta 

ocasión  Rosalíade 6ºA de  Educación  Infantil,e  o  seu  pai 

Pedro agasállannos con  este  fermoso  poema  da  nosa  ilustre 

escritora. 

Premede aquí  para  poder  escoitalos.

 

ENCANTOUNOS!!!

MOITÍSIMAS  GRAZAS 

POR  COMPARTILO 

CON  TODOS  NÓS!!

ROSALÍA DE CASTRO - 23 DE FEBREIRO

DÍA DE ROSALÍA - 23 DE FEBREIRO

 

    Estimadas Familias!!

Dende o equipo de Biblioteca animámosvos a

participar na actividade "Rosalía un poema cada

día" para celebrar o día de Rosalía de Castro.

 

Para isto, pedímosvos que, ao longo do mes de

febreiro, escollades un poema de Rosalía de

Castro para recitar co/a voso/a fillo/a, vos

sós, o voso  fillo só...

Cando o teñades preparado para recitar

buscades unha paisaxe, un obxecto que  garde

relación co poema ou  a  mesma  imaxe  da

poesía  e  grabades  o  audio coa imaxe de

fondo, de menos dun  minuto. Estas

colaboracións imos poñelas no  blog da

bilioteca.

As grabacións podedes envialas ao  correo:

biblioteca.ceip.castelao.ordes@edu.xunta.gal

Moitísimas  grazas  de  antemán  pola  vosa

colaboración.

Un  saúdo