ALIMÉNTATE BEN!

ALIMÉNTATE BEN!

 

Os alumnos de 1ºde Primaria na materia de

ciencias naturais e relacionado co proxecto

aliméntate ben, estiveron traballando como

coidar o noso corpo, e foi así como descubriron

que para ter unha saúde de ferro temos que

alimentarnos ben.

Foi entón cando decidiron sacar aos artistas que

teñen dentro e, coa axuda das familias, sacarse

unha foto e pensar nun slogan con letras de

periódico, e en plástica, crearon un marco para  a 

súa foto relacionado coa boa alimentación.

Ademais, aproveitaron para participar na horta

do cole, feito que  lles serviu para aprender máis

sobre os seres vivos, a natureza e as plantas. 

Aquí tedes un vídeo no que podedes admirar o seu

super traballo e  todo o que aprenderon!

Premede na seguinte imaxe para poder velo.

 

ESPECTACULAR TRABALLO!!

 

O NOSO CADERNO DE RECEITAS

AS NOSAS RECEITAS

O alumnado  de  2º de Primaria durante o primeiro trimestre estiveron

investigando sobre o funcionamento do noso corpo. 

Tamén aprenderon hábitos para  o  seu correcto funcionamento e así poder

manternos sans.

Para  rematar  esta  investigación, o alumnado ca  axuda  das súas familias

crearon unha recopilación de receitas.

O obxectivo de todo este traballo ademais de aprender  é participar no  plan

Proxecta: ALIMÉNTATE BEN. Que está sendo levado a  cabo durante este

curso escolar.

Se queredes botarlle  un ollo  a  este  recetario podedes atopalo na  bilioteca 

do  centro coa reseña:  4G VAR nos (etiqueta branca)

Nel podedes atopar unha gran variedade de receitas nas que  as froitas e  as verduras 

son  as gran protagonistas.

CONCURSO DE CONTOS

OS NOSOS CONTOS

Ao longo desta semana,o alumnado,que participou no concurso de

contos amenizaron a hora de ler contando historias que eles mesmos,

indiviualmente ou en grupo,crearon.

Cada día ían a unha títoría diferente e así todo o alumnado

de primaria puideron escoitar estas marabillosas  historias. 

E o venres,na hora do recreo,chegou a gran SORPRESA... Estreando a

nova megafonía do centro, os autores dos contos

gañadores foron chamados a biblioteca para facerlles entrega do

seu premio por parte da directora do centro.

 

 

O alumnado premiado polo mellor  conto foi agasallado  cun  conto.

Pero Botalerias tamén quixo agasallar ás titorias con  maior participación

no  concurso cun xogo para a aula.

Premede  na imaxe e poderedes ver un pequeno resumen da actividade.

 

 

 PARABÉNS

PARA TODOS OS QUE PARTICIPARON 

E PARA

OS PREMIADOS!!!!

DÍA DA MULLER - 8 DE MARZO

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Para conmemorar o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER,que se celebra cada  8 de marzo, comezamos coa exposición de libros sobre esta temática para dalos a coñecer a toda a comunidade.Bibliografía de mulleres científicas, escritoras, defensoras da igualdade,activistas... e tamén libros con historias de mulleres valentes, loitadoras, que souberon, a pesar das dificultades, seguir o camiño que se marcaron e historias  tamén divertidas co trasfondo da igualdade e o estereotipo  de xéneros.

 

 

Pásate pola biblio  para  botar un ollo á selección de libros que tedes   a vosa disposición para coñecer ás  mulleres bravas que foron abrindo  camiño.

                  E lembrade: 

8 de marzo para celebrar a igualdade

e 365 días para poñela en práctica.

O PAXARO MÁXICO

O PAXARO MÁXICO

Sabela García Santos alumna  de  5ºC  de 

Primaria recolleu o  seu galardón por "O paxaro

máxico", a aventura de  dous vellos

amigos dende a  infancia á procura dunha

ave especial polas fragas do Eume, entre outros

lugares. 

Con este marabilloso conto, Sabela volveu a

cautivar xurado por segundo ano consecutivo.

En 2022 xa  se  fixo  co premio infantil por

"Encerradas no castelo", unha historia protagonizada por tres nenas.

Premede AQUÍ para poder ler o  artículo  da 

recollida  do premio  por  parte  de Sabela.

 

MOITOS PARABÉNS SABELA!!

 

 

DÍA DE ROSALÍA- 23 DE FEBREIRO

ROSALÍA UN POEMA CADA DÍA

O alumnado de 2ºC e as  súas familias

agasállannos con  este  precioso recitado 

de "Adiós ríos, adiós fontes".

Premede  aquí  para  poder  escoitalo.

 

XENIALÍÍÍÍSIMO!!!

MOITÍSIMAS GRAZAS

POR COMPARTIR ESTE

MARABILLOSO TRABALLO

CON TODOS NÓS!!

 

 

DÍA DE ROSALÍA - 23 DE FEBREIRO

ROSALÍA UN POEMA CADA DÍA

Nada mellor  que  "Adiós ríos, adiós

fontes" recitado  por  Noa  e  Martina,

alumnas  de 4ºApara  rematar  o  día.

Para  poder  escoitar  este  marabilloso 

recitado premede aquí.

ESPECTACULAR!!

MOITÍSIMAS GRAZAS

POR COMPARTILO

CON TODOS NÓS!!

 

 

 

DÍA DE ROSALÍA - 23 DE FEBREIRO

ROSALÍA UN POEMA CADA DÍA

Para rematar  o  día  nada  mellor que  escoitar 

"Adiós ríos, adiós follas" recitado  por  Ivana de

3ºB de Primaria.

Premede  aquí  para poder  escoitar  este  precioso recitado.

 

XENIAL!!

MOITÍSIMAS  GRAZAS

POR COMPARTILO

CON TODOS NÓS

 

DÍA DE ROSALÍA - 23 DE FEBREIRO

ROSALÍA UN POEMA CADA DÍA

Hugo  de  1º A  enviounos  este  bonito  recitado.  Para poder 

escoitalo  premede  aquí.

MARABILLOSO!!

GUSTOUNOS MOITO!!

GRAZAS POR COMPARTILO!!

 

 

DÍA DE ROSALÍA - 23 DE FEBREIRO

ROSALÍA UN  POEMA  CADA  DÍA

Seguen  a  chegar  poemas   a  casiña  de  Botalerias.  Nesta 

ocasión  Rosalíade 6ºA de  Educación  Infantil,e  o  seu  pai 

Pedro agasállannos con  este  fermoso  poema  da  nosa  ilustre 

escritora. 

Premede aquí  para  poder  escoitalos.

 

ENCANTOUNOS!!!

MOITÍSIMAS  GRAZAS 

POR  COMPARTILO 

CON  TODOS  NÓS!!