DÍA DA MULLER - 8 DE MARZO

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Para conmemorar o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER,que se celebra cada  8 de marzo, comezamos coa exposición de libros sobre esta temática para dalos a coñecer a toda a comunidade.Bibliografía de mulleres científicas, escritoras, defensoras da igualdade,activistas... e tamén libros con historias de mulleres valentes, loitadoras, que souberon, a pesar das dificultades, seguir o camiño que se marcaron e historias  tamén divertidas co trasfondo da igualdade e o estereotipo  de xéneros.

 

 

Pásate pola biblio  para  botar un ollo á selección de libros que tedes   a vosa disposición para coñecer ás  mulleres bravas que foron abrindo  camiño.

                  E lembrade: 

8 de marzo para celebrar a igualdade

e 365 días para poñela en práctica.