LECTURAS

CONCURSO DE CONTOS

OS NOSOS CONTOS

Ao longo desta semana,o alumnado,que participou no concurso de

contos amenizaron a hora de ler contando historias que eles mesmos,

indiviualmente ou en grupo,crearon.

Cada día ían a unha títoría diferente e así todo o alumnado

de primaria puideron escoitar estas marabillosas  historias. 

E o venres,na hora do recreo,chegou a gran SORPRESA... Estreando a

nova megafonía do centro, os autores dos contos

gañadores foron chamados a biblioteca para facerlles entrega do

seu premio por parte da directora do centro.

 

 

O alumnado premiado polo mellor  conto foi agasallado  cun  conto.

Pero Botalerias tamén quixo agasallar ás titorias con  maior participación

no  concurso cun xogo para a aula.

Premede  na imaxe e poderedes ver un pequeno resumen da actividade.

 

 

 PARABÉNS

PARA TODOS OS QUE PARTICIPARON 

E PARA

OS PREMIADOS!!!!

DÍA DA MULLER - 8 DE MARZO

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Para conmemorar o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER,que se celebra cada  8 de marzo, comezamos coa exposición de libros sobre esta temática para dalos a coñecer a toda a comunidade.Bibliografía de mulleres científicas, escritoras, defensoras da igualdade,activistas... e tamén libros con historias de mulleres valentes, loitadoras, que souberon, a pesar das dificultades, seguir o camiño que se marcaron e historias  tamén divertidas co trasfondo da igualdade e o estereotipo  de xéneros.

 

 

Pásate pola biblio  para  botar un ollo á selección de libros que tedes   a vosa disposición para coñecer ás  mulleres bravas que foron abrindo  camiño.

                  E lembrade: 

8 de marzo para celebrar a igualdade

e 365 días para poñela en práctica.

MALETAS VIAXEIRAS

LECTURAS  INCLUSIVAS  NO  CASTELAO

 

A Asesoría  de Bibliotecas Escolares pon  a  disposición  dos  centros educativos  as  maletas viaxeiras.

Xa recibimos  a  primeira  maleta  que solicitamos  para  este curso: Por unha  biblioteca inclusiva

A  temática  desta  maleta  é  sobre libros relacionados coa diversidade.

Podedes  consultalos  durante un mes que será  a permanencia  da  maleta  no  centro.