UN PASEO POR ORDES. 1ºA E 1ºB

O alumnado de 1ºA e 1ºB de Educación Primaria aproveitou estes días de bo tempo para coñecer un pouco máis a vila de Ordes. Neste paseo puideron ver de preto todos os lugares, monumentos... que levan traballando este curso na aula dentro do proxecto "Un paseo por Ordes".

Mirade algunhas fotografías deste día:

 

 

 

Pasámolo xenial visitando o noso pobo!!

 

 

 

MAIOS 2017

Un ano máís, conmemoramos Os Maios no centro; para lembar a festa coa que os nosos ancestros daban a benvida á primavera.

A colaboración e achegas das familias foron espectaculares e grazas a elas puidemos facer Maios tan vistosos coma este.

Encántanos esta actividade!

 

MANUEL RIVAS NO CASTELAO

Con motivo da celebracións das Letras Galegas, no centro recibimos a visita de Manuel Rivas.

 

 

 Estivo conversando cos rapaces e rapazas de 5º e 6º de Educación Primaria e ao remate asinoulles algunhas das súas obras. En concreto, desta volta, o alumnado estivo lendo "Bala perdida".

Resultado de imagen de bala perdida libro manuel rivas

Foi todo un pracer recibirte no centro!

LETRAS GALEGAS 2017

 Neste ano 2017, o autor homenaxeado polas Letras Galegas foi Carlos Casares e no centro decidimos recordar a súa figura e obra elaborando unha liña do tempo, con parte da súa obra, entre todo o alumnado do cole.

 Nos distintos niveis traballánronse algunhas das súas obras infantís máis recoñecidas e posteriormente os distintos grupos fixeron Bandas Deseñadas desas obras.

"A galiña azul" (1968), "As laranxas máis laranxas de todas as laranxas" (1973), "O can Rin e o lobo Crispín" (1983), "Este é Toribio" (1991), "O Galo de Antioquía" (1992) e "Lolo anda en bicicleta" (1996).

 

 

Así de espectacular quedou o traballo!!

 

 

 

 

 

CONCERTO DIDÁCTICO NO CONSERVATORIO HISTÓRICO (6º DE E.P.)

O día oito de maio o alumnado de 6º e o seu profesorado asistiu á actividade "Unha viaxe a tempo II" no Conservatorio Histórico de Santiago de Compostela.

A viaxe comezou en México. A profe Rita, mexicana de nacemento, dounos moita información sobre a capital, os costumes e a gastronomía mexicana. Os rapaces e as rapazas cantaron e bailaron unha pequena peza acompañados polo piano, o violonchelo e a batería do profesorado do conservatorio.

A viaxe continuou ata Nápoles, onde de novo cantamos e bailamos unha tarantela. Finalmente chegamos ata Kenia, e con ritmos africanos, bailamos e cantamos unha canción en suahili.

Durante toda a viaxe tivemos unha estupenda guía, Esther Sobral, profesora e directora do conservatorio, quen nos deu moita información sobre os lugares visitados e as semellanzas culturais, gastronómicas e musicais con outros lugares do mundo.

Rematamos a nosa viaxe do martes visitando as catro fachadas da catedral cun pequeno descanso para merendar na Praza da Quintana.

 

 

 

 

 

O NOSO RELATO DE ORDES ILUSTRADO

 

 Neste obradoiro, o alumnado de 6º de E.P. puido ilustrar as narracións sobre Ordes que eles e elas mesmos/as escribiran con motivo da celebración do Día da Narración Oral.

Contaron coa colaboración profesional de Laura Romero e o resultado foi espectacular.

Algunhas fotografías do alumnado de 6º de E.P. no obradoiro.

 

 

XVII REBUMBIO MATEMÁTICO

O ALUMNADO DE 6º DE E.P. PATICIPOU NO XVII REBUMBIO MATEMÁTICO NA FASE DE ZONA, EN SANTIAGO DE COMPOSTELA.

BO TRABALLO RAPACES E RAPAZAS!!

 

 

O ALUMNADO DE 2º VISITA O CONSERVATORIO HISTÓRICO

OBRADOIRO DE IGUALDADE DE XÉNERO E COEDUCACÍÓN

O ALUMNADO DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA PARTICIPOU NUN OBRADOIRO DE IGUALDADE DE XÉNERO E COEDUCACIÓN DESENVOLTO NAS SÚAS PROPIAS AULAS POR PARTE DE PERSOAL DA CRUZ VERMELLA DE ORDES.

 

 

XELIS DE TORO VEU AO CASTELAO

O DÍA 19 DE ABRIL OS NENOS E AS NENAS DE 3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA PUIDERON ASISTIR A UNHA PRESENTACIÓN DUN LIBRO DE XELIS DE TORO.

Resultado de imagen de xelis de toro

Para coñecer un pouco máis do autor, preme na imaxe.

 

A OBRA DA QUE VEU FALAR É "O TROMPETISTA E A LÚA", SOBRE A QUE ESTIVO TRABALLANDO O ALUMNADO ESTAS SEMANAS. Para coñecela un pouco máis, preme na imaxe da obra:

 

NO CASTELAO TIVEMOS A HONRA DE FALAR DA OBRA DIRECTAMENTE CO AUTOR E COÑECER O INICIO DA HISTORIA (QUE NON VÉN NO LIBRO) E UN FINAL MOI ESPECIAL DO QUE TAMPOUCO SE FALA NA OBRA. ENCANTOUNOS A EXPERIENCIA!!

 

GRAZAS POLA VISITA!!