O MAGO BENXAMÍN...

Nesta última semana antes do Nadal, o alumnado de E.I. e 1º e 2º de E.P., recibiu no colexio unha visita moi especial.

Veu o Mago Benxamín!

Durante o seu espectáculo estivemos cos ollos coma pratos e coa boca aberta... non podiamos crer o que estabamos vendo!

Sen dúbida, a maxia transporta a pequen@s e maiores a un estado de máxima ilusión... no que todo pode ser posible!!

Foi unha gran experiencia da que puidemos gozar no colexio grazas á ANPA do noso centro!! Moitísimas grazas!!

 Preme na variña máxica se queres ver como son os seus espectáculos Resultado de imagen de varita mágica

 

BOAS FESTAS DENDE A BIBLIOTECA DE BOTALERIAS!

Dende o Equipo de Biblioteca do C.E.I.P. ADR Castelao queremos desexarvos unhas boas festas.

Agardamos que a lectura vos acompañe nestes días de descanso!

 

Lembrade que ler un libro é sempre unha aventura...

 

 

MONICREQUES EN 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL

O alumando de 6º de Educación Infantil desfrutou dun contacontos que se desenvolveu en tres quendas en cada unha das aulas deste nivel. Contáronlles o conto "Te quiero casi siempre" e a través del, traballaron o respecto ás diferenzas existentes entre as persoas.

Preme na imaxe do conto para coñecelo mellor.

Resultado de imagen de te quiero casi siempre

Os rapaces e rapazas puideron aprender moitas cousas e ao final levaron un monicreque dos personaxes do conto, Lolo e Rita, feito por eles/as mesmos/as.

 

SEGURIDADE NA REDE

O día 13 de decembro, tivo lugar na Biblioteca do noso centro a actividade: "Seguridade na Rede" a cargo da Garda Civil, incluído no Plan Director.

Nesta actividade a finalidade principal é concienciar ao alumnado dos perigos do mal uso das redes sociais, incidindo naqueles aspectos a ter en conta á hora de facer uso das mesmas.

 

Foi unha actividade moi útil, a través da que conseguimos aclarar moitas dúbidas.

 

CAMPO A TRAVÉS PARA CLUBES (Atlética A Silva) 2-12-17

O sábado 2 de decembro, disputouse en Santiago de Compostela unha proba de Campo a Través para clubes.

Desta vez, o CEIP ADR Castelao de Ordes estivo representado por varios alumnos/as e exalumnos/as que tiveron unha actuación destacada representando ao Atlética A Silva.

Destacamos:

1º posto de Juan Loureiro (benxamín masculino), alumno de 3º de E.P. do noso centro.

 

1º posto de Noa Rey (alevín feminino), alumna de 5º de E.P. do noso centro e que se iniciou no colexio.

 

2º posto de Samuel Fariñas (infantil masculino), exalumno do noso centro e que se iniciou no Castelao.

 

 

AS CÉLULAS DE 5º de E.P.

Paseando polos corredores do centro, atopámonos con este traballo...

Son unhas esculturas con forma de célula que os rapaces e rapazas de 5º fixeron, por grupos, para profundizar nun dos temas de Ciencias Naturais.

  

  

  

 Dámoslles a noraboa por ese magnífico traballo e animámolos/as a seguir esforzándose!!

 

PROXECTO: PÜSSA NOS COLES

Os rapaces e rapazas de 3º e 4º de Educación Primaria puideron asistir na Biblioteca do centro a unha charla que forma parte dun proxecto solidario que pretende fomentar a solidaridade, o respecto ao medio ambiente, a reciclaxe e a creatividade.

É unha actividade proposta pola Consellería de Política Social e que consiste nun obradoiro con tapóns reciclados protagonizado pola súa mascota: "Püssa".

A Püssa gústalle coidar dos/as nenos/as, especialmente dos/as que máis o necesitan. Por iso lles veu pedir aos nenos e nenas que lle axuden a recoller tapóns a favor das asociacións e causas que o precisen.

A súa filosofía é converter eses tapóns en xogos divertidos ou darllos a artistas para que fagan obras de arte que despois venden.

 

Con esa filosofía, conseguen máis cartos xuntando menos tapóns.

Os/as cativos/as puideron levar para as súas casas unha bolsa/agasallo con pegatinas, unha chapa, un diploma e un xogo de mesa.

 

Animémonos a participar desta iniciativa!!

 

 

CAMPO A TRAVÉS 1/12/17

Alumnos e alumnas do Ceip ADR Castelao de Ordes participaron nas probas de Campo a Través do Campionato Comarcal do Programa Xogade da Xunta de Galicia.

Estas probas tiveron lugar na área recreativa da Magadalena, en Castrofeito (O Pino) e participaron 670 escolares de nove centros escolares. O noso centro participou xunto co de Touro, Mesón do Vento (Ordes), Ortigueira (Vedra), A Ramallosa (Teo), Arzúa, Sigüeiro (Oroso) e co IES de Arzúa.

Nesta competición o Ceip ADR Castelao participou cun total de 50 alumnos/as (25 rapazas e 25 rapaces) de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

Destacar os resultados a nivel colectivo dos 4 equipos representantes do Castelao: 1º posto para o equipo infantil feminino, 2º posto para o alevín masculino e 3º posto para os equipos alevín feminino e infantil masculino.

Ademáis a nivel individual destacar os podios de Nadia González (1ª infantil feminino) e Antón Raña (2º alevín masculino).

 

A continuación podedes ver algunhas das imaxes desta xornada:

E da entrega de medallas...

 

Noraboa a todos e todas as participantes. 

 

PROXECTO LANDRAS. DE ORDES A VINCIOS.

Tralos lumes que asolaron boa parte dos montes galegos, no centro comezou a brotar un sentimento de solidaridade que se transformou nun bonito proxecto que pouco a pouco vai dando comezo.

Chámase "Proxecto Landras, de Ordes a Vincios" e terá lugar durante este curso e o vindeiro (xa que necesitamos que transcorra este tempo ata que se rexenere o chan ardido).

A través do traballo do alumnado, o noso colexio converterase nun pequeno viveiro no que se dará vida a centos de árbores; concretamente Carballo autóctono galego. Encargarémonos de todos os pasos necesarios ata conseguir unha pequena pranta que poder doar ao Monte Veciñal de Vincios (pertencente á Mancomunidade de Montes do Val Miñor).

Este proxecto está supervisado e conta co asesoramento dunha enxeñeira forestal que traballa co Monte Veciñal de Vincios (Susana Castro Castro) e coa absoluta colaboración e entrega do profesorado, alumando e familias do C.E.I.P. A.D.R Castelao de Ordes.

Polo de agora fixemos os primeiros pasos do proceso; seleccionamos as landras máis axeitadas facéndolle a proba da flotabilidade e comezamos a prantalas nunhas bandexas.

Conforme vaia avanzando o proceso iremos dando conta na web do colexio con novas publicacións.

 

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

OS CATIVOS E CATIVAS DO C.E.I.P. A.D.R. CASTELAO DE ORDES ESTÁN...

"UNID@S CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO"

Traballamos o lazo malva (con mensaxes) como símbolo desta conmemoración, os/as máis cativos/as limos contos moi especiais, os maiores vimos curtametraxes que nos impactaron e concienciaron e, entre todos e todas, fixemos un mural no que plasmar a través de fotografías de grupo, as nosas mensaxes en contra da violencia de xénero.

Mirade algunhas fotografías desta intensa semana...

 

 

 

Este foi o resultado final...

  

 

Podedes ver algunhas das curtametraxes traballadas polo alumando de Educación Primaria...

Premede nos enlaces para velas...

 El sueño imposible                                            Igualdad de género                                  Superlola

 

E agora podedes visitar o enlace aos diferentes contos traballados polos máis pequenos e pequenas.

Premede nas imaxes de cada un deles para velos...

   Resultado de imagen de o libro dos porcos

 

DÍA INTERNACIONAL CONTA A VIOLENCIA DE XÉNERO