SEMANA SANTA

Estimadas familias.

Informamos de que o venres 23 de marzo, dá comezo o periodo vacacional da Semana Santa. Incorporarémonos ás clases o vindeiro martes, día 3 de abril.

Un cordial saúdo.

 

XOGANDO CON MALIBÚ

Antes do remate da segunda avaliación, tivemos a sorte de recibir no centro a visita de "MALIBÚ"; unha cadeliña que vive na Casa Grande de Xanceda.

Malibú veu acompañada de Adriana, e xuntas explicáronnos a importancia do coidado dos canciños, o importante que é poñerlles o chip, tamén castralos, o importante que é adoptar en canceiras ou protectoras, non abandonalos baixo ningún concepto... e moitas outras curiosidades.

Os nenos e as nenas de 1º de Educación Primaria quedaron encantados/as coa súa visita!!

Premede na fotografía de Malibú para ver unha breve presentación do día que pasou con nós...

 

Moitas grazas Malibú e Adriana!!

 

VISITA DE MARÍA CANOSA AO NOSO CENTRO

Desta volta tivemos a sorte de contar no centro coa visita de María Canosa.

Recibírona os alumnos e as alumnas de 3º de Educación Primaria que previamente traballaran a súa obra.

 

                           Resultado de imagen de MARÍA CANOSA rubicundo Resultado de imagen de a cazadora de estrelas

MOITAS GRAZAS POLA TÚA VISITA!!

 

CONCERTO DIDÁCTICO. 4º de Educación Primaria

O venres, 16 de marzo, o alumnado de 4º de E.P. asistíu ao concerto didáctico: "A HISTORIA EXTRAVAGANTE DE HIPO E GAVANTE" no Auditorio de Santiago de Compostela.

O narrador, Nono Granero, narra a historia dun hipopótamo e un bogavante (baseada no libro do mesmo nome) acompañado por pezas musicais interpretadas pola Banda de Música Municipal de Santiago de Compostela.

Premede na fotografía para ver un breve fragmento do concerto...

Quedamos encantados/as co concerto!!

 

SEMANA DA PRENSA

No mes de marzo, no noso centro, traballamos coa Prensa.

Decidimos crear unha zona nun dos corredores do centro na que poñer en común o que entre todos e todas se está traballando nas aulas.

Presidimos a exposición cun mapa no que están recollidos os principais xornais de cada unha das rexións e quedounos ben bonito!!

O "8 M" en 1º de Educación Primaria

Con motivo do Día Internacional da Muller, o 8 de marzo, as nenas e os nenos de 1º viviron un día moi especial!!

Desfrutaron da visita na aula de varias nais, que contaron cousas moi interesantes sobre os seus traballos e incluso puideron ver e tocar algúns dos instrumentos que empregan no seu día a día.

Moitas grazas a todas por transmitirnos esa paixón e entusiasmo pola vosa profesión!!

Premede na imaxe para ver máis fotografías desta actividade...

 

Queremos agradecerlle tamén ás familias a súa colaboración no mural de "Mulleres Traballadoras" e a súa axuda á hora de facer máis visible a labor das MULLERES.

 

CHARLAS DA GARDA CIVIL SOBRE O ACOSO ESCOLAR.

No mes de febreiro, o alumando de 6º nivel do noso centro puido asistir a unha charla impartida por persoal especializado da Garda Civil sobre o tema do "Acoso Escolar". Abordouse a temática dende amplas e diversas perspectivas, partindo da realidade do día a día do alumnado.

Estamos moi concienciad@s co tema e atent@s a calquera sospeita; e queremos que o alumando tamén o estea para así poder poñer freo a calquera pequena problemática que pode ser a orixe de situacións intolerables neste e en calquera colexio.

 

Preme aquí para acceder á web do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e coñecer máis sobre o tema.

 

 

DE ORDES A VINCIOS. PROXECTO LANDRAS.

Das landras que recollimos e prantamos, xa están nacendo os primeiros carballos!!!

Estamos verdadeiramente expectantes e felices!!

Non cremos que unhas árbores sexan máis importantes ca outras e todas merecen o seu protagonismo; así que publicamos fotografías de todas e cada unha das bandexas que hai espalladas polo colexio e que, tan ben, está coidando o noso alumando.

   

 

  

  

  

  

  

  

  

  

  

  

  

 

 

 

 

 

 

                                             NON MÁIS LUMES!!

 

 

 

 

 

 

 

 

MÁIS ENTROIDO 2018...

Desta volta, mostrámosvos imaxes dalgún dos momentos máis significativos do Entroido no noso centro...

Preme no meco para ver unha breve montaxe con imaxes da semana do entroido...

 

E a continuación podedes ver os desfiles que preparamos en base ao proxecto de centro deste curso 2017-18: A ARTE GALEGA.

 

DESFILE DE EDUCACIÓN INFANTIL Resultado de imagen de DIBUJO CINE

PINTORES E PINTORAS... (EDUCACIÓN INFANITL ESTÁ TRABALLANDO A PINTURA)

 

DESFILE DE EDUCACIÓN PRIMARIA Resultado de imagen de DIBUJO CINE

ESCRITORES E ESCRITORAS... (1º DE E.P. ESTÁ TRABALLANDO A LITERATURA)

 

CINEASTAS... (2º DE E.P. ESTÁ TRABALLANDO O CINE)

 

XOGRARES... (3º DE E.P. ESTÁ TRABALLANDO O TEATRO)

 

ESCULTORES E ESCULTORAS... (4º DE E.P. ESTÁ TRABALLANDO A ESCULTURA)

 

MÚSICOS E MÚSICAS... (5º DE E.P. ESTÁ TRABALLANDO A MÚSICA)

 

ARQUITECTOS E ARQUITECTAS... (6º DE E.P. ESTÁ TRABALLANDO A ARQUITECTURA)

 

 

ENTROIDO 2018

COMEZA O ENTROIDO E AO LONGO DE TODA ESTA SEMANA, DEBEDES ESTAR ATENTOS ÁS CONSIGNAS DO MECO...

COMEZAMOS!!

"Comezamos o luns con festa rachada, terás que vir á escola coas unllas decoradas"

"Cando chegue o martes, busca unha peza que decore a túa cabeza"

"O entroido está tolo, da cabeza aos pés; e mándanos vir o mércores con roupa ao revés".

"O xoves non teñas présa en saír da túa cama, porque á escola virás sen sacar o teu pixama"