COÑECEMOS A PRAZA DE ABASTOS DE ORDES

Ao longo de toda unha semana do mes de novembro, o alumnado de Educación Infantil e de 1º e 2º de Educación Primaria, tivo a posibilidade de coñecer máis de preto a Praza de Abastos de Ordes.

A actividade, chamada "Vaia Praza", foinos proposta polo Concello de Ordes, e organizada polos hostaleiros/as: Sonia Moar, Juan Buyo e Tito Fernández, coa colaboración da Asociación de Comerciantes de Ordes.

Puidemos visitar os postos e coñecer o que neles se vende acompañados/as, con gran paciencia e profesionalidade, de Begoña, Lucía e Sara (monitoras da actividade).

Asistimos a un taller impartido por educadoras da Casa Grande de Xanceda onde prantamos legumes reciclando os envases de iogur e coñecemos máis de preto o traballo que se desenvolve nesta granxa.

E, por se fora pouco, puidemos gozar dun exquisito chocolate con churros cortesía dos/as organizadores/as da actividade e do Concello de Ordes e de outros dous saborosos agasallos cortesía da panadería Milagros e da froitaría A Nova.

 

 

 

Foi un pracer compartir este tempo con veciños/as e comerciantes. Os/as cativos/as viñeron encantados/as!!

 

VISITA AO CONSERVATORIO HISTÓRICO (13-11-17)

Novamente, outro nutrido grupo de alumnado do centro (5ºA, 5ºB, 6ºA, 6ºB e 6ºC de E.P.) tivo o privilexio de visitar o Conservatorio Histórico en Santiago de Compostela e gozar dunha divertida xornada.

Participaron por terceiro ano consecutivo na actividade "Unha viaxe a tempo". Desta volta, a viaxe levounos dende Dinamarca ata as illas Seychelles. Rapaces e rapazas descubriron costumes, paisaxes e sobre todo música dos lugares visitados; sempre da man de Esther Sobral, directora do Conservatorio, que actuou como guía, e os profesores Adolfo Urrabieta ao piano, Albano Dias, percusionista e Vera Kolar tocando o violonchelo.

Premede na imaxe para ver un breve vídeo dunha parte da actividade: 

Resultado de imagen de bailarín dibujo gif

 

VISÍTANNOS AXENTES FORESTAIS

Durante varios días, tivemos a sorte de convivir no noso centro cun grupo de axentes forestais e dúas brigadas.

Asistiu todo o alumnado do centro e, dada a situación que viviu a nosa terra semanas atrás por mor dos incendios, foi unha vivencia moi especial.

Estiveron con nós: Santiago Neira e Couselo (axentes forestais); Pepe, Roberto e Meizoso (da brigada de Frades); Olegario, Lorenzo e Marisol (da brigada de Arzúa) e Moncho e José Antonio Calviño.

Grazas ás súas explicacións estamos a coñecer un pouco mellor o seu traballo no día a día, cales son as especies invasoras, como é o seu uniforme de traballo cando lles toca apagar lumes, a diferenza cos bombeiros/as... E tamén puidemos ver de preto o camión no que se desprazan e usar as mangueiras que eles/as mesmos/as utilizan.

Mirade algunhas imaxes destes días...

Foi unha actividade que recordaremos durante moito tempo!!

Grazas pola visita e polo traballo que facedes día a día!!

 

 

MAGOSTO 2017

Un ano máis, no colexio celebramos o Magosto...

Foi un día no que os nenos e as nenas desfrutaron moito e o centro estivo cheo de actividades...

Todo o alumando puido saborear as deliciosas castañas do noso Castañeiro oficial.. Bieito... e mailo seu axudante!!

 

O alumnado converteuse en artista podendo colorear diferentes murais distribuídos polo centro con motivo desta conmemoración...

 

E os/as máis pequenos/as do cole asistiron a dúas representacións teatrais/musicais que os maiores prepararon con moito esforzo.

 Así de atento estaba o público...

E así de profesionais os actores e actrices...

 

 

Premede aquí para ver o vídeo de como o fixeron os do grupo de 3º de Educación Primaria da mestra Alba...

E agora aquí para ver ao grupo de 3º de Educación Primaria da mestra Chus Pais...

 

Moitas grazas rapaces e rapazas por facelo tan ben e por facernos pasar un día divertidísimo!!

 

 

MOCHILAS VIAXEIRAS EN CAMIÑO...

 

Un ano máis, as mochilas viaxeiras van de camiño aos fogares do alumnado das aulas participantes...

Lembrade que esta actividade arranca o vindeiro venres, día 3 de novembro!!!

Que desfrutedes da lectura!!!

 

 

O SAMAÍN NO CEIP A.D.R. CASTELAO

 

Nos últimos días do mes de outubro, algo extraño pasou no noso colexio...

 

Nos corredores apareceron decoracións terroríficas...

 

Alguén estivo preparando cabazas e poñéndoas nos cruces dos corredores...

  

 Os nenos e as nenas convertéronse e meigas, cabazas, morcegos, esqueletes e todo tipo de seres horripilantes...

  

Houbo a quen se lle deu polos feitizos...

No patio, as mestras estiveron maquillando aos cativos/as con deseños arrepiantes...

Tamén puidemos ver festas nas que seres extraños comían e desfrutaban...

Os doces eran verdadeiramente arrepiantes...

 

Os rapaces e rapazas de 5º de Educación Primaria decidiron facer unha exposición con vasoiras de meiga e de paso traballar un pouco a nosa lingua...

Preme na imaxe para ver o seu traballo...       Resultado de imagen de escoba de bruja

 

 

AH... CLARO!!!  COIDO QUE É O SAMAÍN!!! (Escoita a Uxía Lambona e a Banda Molona premendo no enlace)

 

 

SAÍDA DIDÁCTICA AO CONSERVATORIO HISTÓRICO (30-10-17)

O alumnado de 4ºA, 4ºB, 4ºC e 5ºC de Educación Primaria tivo o privilexio de visitar novamente este  curso o Conservatorio Histórico. Asistiron a unha actividade enmarcada no programa Unha viaxe a tempo... Alí cantaron e bailaron coma nunca...

 

Preme aquí para ver un vídeo do ben que o fixeron...

 

Ademais, tiveron tempo de desfrutar do contorno e pasar un tempo xogando e brincando como máis lles gusta...!!

 

 

E por se fose pouco... saíron na prensa!! Aquí podedes ver unha imaxe do xornal...

 

Encantados/as con esta saída!!

 

ÉXITO ROTUNDO DO EMPRÉSTITO DE LIBROS DURANTE OS RECREOS

O empréstito durante os recreos non puido ir mellor!!

 

Desta volta encargámonos os mestres e as mestras de dar este servizo, pero pouco a pouco rapaces e rapazas voluntarios/as recibirán a formación necesaria e eles/as mesmos/as xestionarán esta actividade.

Non vos esquezades de que as portas da nosa Biblioteca estarán abertas durante o recreo!!

AGARDÁMOSVOS!!

 

OS DE 3º VAN Á ÓPERA

 

O alumnado de 3º de Educación Primaria visitou o Auditorio de Galicia para asistir a unha adaptación da ópera Guillermo Tell.

A música de Gioacchino Rossini vibrou no escenario da man da compañía Comediants La Baldufa. Tres instrumentistas e uns excelentes artistas do teatro e a música relataron a lenda de Guillermo Tell coa axuda de obxectos, monicreques e proxeccións audiovisuais.

O humor, a farsa e unha moi coidada estética na escena fixeron posible un divertido achegamento dos rapaces e rapazas ao mundo da ópera.

 

ATA A PRÓXIMA!!!

 Podedes visitar o blog de Música da mestra Adela e así coñecer un pouco máis desta ópera...

 

 

24 de OUTUBRO. DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES.

 

O VINDEIRO DÍA 24 DE OUTUBRO, CONMEMÓRASE EN TODOS OS CENTROS EDUCATIVOS O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES.

 

NO NOSO CENTRO DECIDIMOS CELEBRALO REANUDANDO O PRÉSTAMO DE LIBROS PARA A CASA, DESPOIS DO GRAN ESFORZO QUE SUPUXO O TRASLADO DA UBICACIÓN DA BIBLIOTECA O CURSO PASADO.

 

 

DURANTE TODA ESTA SEMANA (POR QUENDAS) PASARÁ POLA BIBLIOTECA TODO ALUMNADO QUE ASÍ O DESEXE E COMEZARÁ O PRÉSTAMO DURANTE OS RECREOS.

ESTAMOS AGARDANDO QUE SEXA UN ÉXITO E QUE NON QUEDE NINGUÉN SEN COLLER ALO MENOS UN LIBRO PARA GOZAR DA SÚA LECTURA NO FOGAR. ASÍ MESMO, PARA RECOÑECER DALGÚN XEITO AOS QUE SE ANIMEN, AGASALLARÉMOLOS CUN PEQUENO RECORDO DA BIBLIOTECA; OS MÁIS PEQUENOS LEVARÁN UNHA MOCHILA E OS MÁIORES UN MARCAPÁXINAS!!!


FINALMENTE, LEMBRAMOS AS NORMAS PARA FACER USO DESTE SERVIZO...

 

SE QUERES AVENTURAS, LÁNZATE Á LECTURA!!